Home Ourense O Carballiño Luis Menor pide no Carballiño e no Ribeiro “pouca confianza e moito...

Luis Menor pide no Carballiño e no Ribeiro “pouca confianza e moito traballo” para impedir que as chantaxes e coaccións “desguacen Galicia”

- Anuncio -

· O líder do PP ourensán reuniu a preto de 200 persoas en senllas convocatorias celebradas no cine de leiro e na Casa da Cultura carballiñesa, no marco dun novo sistema de coordinación que ten por finalidade mobilizar o partido por todo o territorio

· En ambas reunións explicou que o novo modelo de traballo na provincia ten por obxectivo fixar cauces para unha máis eficiente coordinación, pero sobre todo para “escoitar e abordar os asuntos comarcais que vos preocupan”

O líder do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, retomou esta tarde a rolda de reunións comarcais que iniciou a finais de novembro pasado, no marco dun novo sistema de coordinación que ten por finalidade mobilizar o partido por todo o territorio, ademais de coñecer de modo directo as necesidades da cidadanía a través dos representantes locais populares.

Ao redor de 200 persoas acudiron ás dúas cita programas para esta tarde: a reunión comarcal do Ribeiro, celebrada no cine de Leiro, e a convocatoria do Carballiño que tivo lugar na casa da Cultura.

Como nas dúas anteriores reunións -Celanova e Valdeorras-, hoxe tamén se procedeu a nomear aos coordinadores en ambas comarcas. No Ribeiro serán César Fernández e Rodrigo Aparicio. Polo que respecta a Carballiño, as persoas designadas son o portavoz na vila do Arenteiro, Lino González, e o alcalde de Piñor, José Luis González.

En ambas reunións, Luis Menor explicou que o novo modelo de traballo na provincia ten por obxectivo fixar cauces para unha máis eficiente coordinación, pero sobre todo para “escoitar e abordar os asuntos comarcais que vos preocupan”.

O presidente popular reclamou aos representantes locais “pouca confianza e moito traballo” ante o proceso electoral das autonómicas. “Esta é a única receta que coñezo para conseguir a victoria e impedir que as chantaxes e coaccións partidistas desguacen Galicia, como está a facer Sánchez con España”.

“Non temos nada ganado”, remarcou Menor, que comparou as eleccións galegas co traballo que se realiza nos comicios locais, “petando en todas as portas, falando un por un con todos e cada un dos vecinos e explicando o proxecto que nos propón Alfonso Rueda: as certezas que necesitan as galegas e os galegos fronte a extorsións”.

ÓRGANO PERMANENTE

Estes novos órganos comarcais, que están a ter unha moi positiva acollida, están composto polas alcaldesas, alcaldes, portavoces, concelleiros, presidentes de agrupacións locais, cargos institucionais e de goberno no caso de pertencer a unha determianda comarca e mesmo persoas invitadas pola dirección provincial.

A súa periodicidade será semestral, con alo menos dúas convocatorias ao ano aínda que tamén podernase celebrar sempre que sexa preciso.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas