HomeO RibeiroA ArnoiaLuis Menor pon en valor a importancia dos investimentos en recuperación patrimonial...

Luis Menor pon en valor a importancia dos investimentos en recuperación patrimonial para o desenvolvemento turístico da provincia 

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial participou na recén restaurada Reitoral de Taboadela na presentación da acción promocional do Xeodestino Allariz – Maceda – Alto Arnoia que leva por título “Destino das Artes”

Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Maceda conforman o Xeodestino Allariz – Maceda – Alto Arnoia cuxa acción promocional presentada hoxe leva o nome de “Destino das artes”. 

Na presentación participaron o alcalde de Taboadela, Álvaro Vila; o presidente do GDR A Limia – Arnoia e alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas; e o presidente da Deputación, Luis Menor, quen felicitou a este Grupo de Desenvolvemento Rural polo seu traballo centrado na promoción deste xeodestino. Tamén quixo facer referencia Menor á importancia da cooperación institucional en materia de recuperación de elementos patrimoniais, poñendo como exemplo a propia Reitoral de Taboadela, lugar escollido para esta presentación e cuxa rehabilitación foi posible grazas a un convenio entre o Concello de Taboadela e a Deputación, en virtude do cal a institución provincial aportou 450.000 euros. “Trátase dun orgullo ter contribuído a dotar dun lugar tan especial e versátil a un concello como o de Taboadela e que seguro que será de grande utilizade para todo o xeodestino”, sinalou, ao tempo que felicitaba ao alcalde de Taboadela “por ter botado man da cooperación institucional” para esta obra. 

Tamén fixo referencia Menor á importancia da Vía da Prata – Camiño Mozárabe “na vertebración de toda a provincia e deste xeodestino en particular, que enxalza a arte en todas as súas facetas”.

Publicacións Relacionadas