Home Ourense O Pereiro de Aguiar Luis Menor, proclamado candidato único á presidencia local do PP en Pereiro...

Luis Menor, proclamado candidato único á presidencia local do PP en Pereiro de Aguiar

- Anuncio -

· O Comité Organizador validou os preto de medio cento de avais rexistrados en tempo e forma polo actual presidente da agrupación, que opta así á súa reelección: “Toda unha mostra de apoio que me enche de forza para seguir desenvolvendo o labor feito nestes tres anos e medio”

· O candidato afirma que “a partir deste momento reactivamos a engrenaxe do partido para a cita electoral máis importante, as municipais do ano próximo, na que esperamos contar coa maioría dos votos da veciñanza como ocorreu historicamente neste concello”

· Cara o período de campaña electoral interna que se abre mañá e rematará o día 11, adianta que percorrerá o municipio “presentando as súas propostas para un novo mandato, cun equipo renovado e cun partido máis amplo grazas ás novas afiliacións”

O Comité Organizador dos Congresos locais extraordinarios do Partido Popular de Ourense proclamou hoxe a Luis Menor como candidato único á presidencia da agrupación local de Pereiro de Aguiar, trala reunión celebrada esta tarde na sede provincial e na que se validaron os preto de medio cento de avais presentados en tempo e forma polo aspirante á reelección no conclave convocado para o 16 de xullo no auditorio dos Gozos.

“Toda unha mostra de apoio que me enche de forza para seguir desenvolvendo o labor feito nestes tres anos e medio”, dixo Luis Menor destacando así a positiva resposta dos afiliados de Pereiro de Aguiar. O xa candidato afirmou que “a partir deste momento reactivamos a engrenaxe do partido para a cita electoral máis importante, que son as municipais do ano próximo, na que esperamos contar coa maioría dos votos da veciñanza como ocorreu historicamente neste concello”.

Mentres e no período de campaña electoral interna que se abre mañá e rematará o día 11, Menor adiantou que percorrerá o municipio “presentando as súas propostas para un novo mandato, cun equipo renovado e cun partido máis amplo grazas ás novas afiliacións que vimos tendo”.

É o momento de “aglutinar o apoio dos afiliados para culminar un proceso interno e que ese apoio se traduza logo nas urnas por parte da cidadanía, converténdonos nunha alternativa clara e nun instrumento para que o PP siga gobernando na provincia e Galicia e alcance o goberno de España”, concluíu.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas