HomeOurenseA LimiaLuis Menor recoñece o traballo do novo presidente da agrupación dos Blancos...

Luis Menor recoñece o traballo do novo presidente da agrupación dos Blancos “para manter a unidade e fortaleza” do PP local

- Anuncio -spot_img

José Manuel Castro Blanco (Os Blancos, 1969) foi elixido hoxe presidente da agrupación local do Partido Popular nos Blancos, durante o congreso celebrado esta tarde na Casa da Cultura. Unha convocatoria na que o presidente provincial, Luis Menor, recoñeceu o traballo realizado polo tamén alcalde popular “para manter a fortaleza e unidade do PP no concello e o apoio de militantes e simpatizantes”.

Na clausura do congreso, Luis Menor puxo en valor a figura dos presidentes das agrupacións locais polo coñecemento que teñen do territorio e o obxectivo que común que comparten: “conseguir a confianza da xente no noso proxecto político”.

Con estes congresos, engadiu, trátase de consolidar e seguir construíndo “un compromiso forte co partido”, desta volta no ámbito rural, “un dos piares desta provincia, como tamén dos Blancos, cun sector primario que é a actividade económica de maior peso no concello”.

Xa como novo presidente, José Manuel Castro subliñou o importante paso dado con este congreso para “normalizar e organizar o partido”, ata hoxe baixo a dirección dunha xestora desde xuño de 2022. Asegurou Castro que o PP dos Blancos é un partido “forte e moi unido”, o que afirma que servirá de base para manter a maioría absoluta no concello, “sen esquecer que tamén temos que sumar a nivel comarcal, provincial, galego e estatal”.

Publicacións Relacionadas