Home Allariz-Maceda Allariz Luz Doporto anuncia o voto favorable da Xunta ao proxecto Allariz Destino...

Luz Doporto anuncia o voto favorable da Xunta ao proxecto Allariz Destino Sostible, de arredor dun millón de euros, no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino

- Anuncio -

A voceira e candidata do PPdeOU á alcaldía de Allariz o vindeiro 28 de maio, Luz Doporto, avanza que a Xunta deu a puntuación necesaria “para que saia adiante un proxecto que contribúe ao impulso do desenvolvemento sostible do turismo non só no concello de Allariz, senón que será un elemento tractor para o resto da comarca”.

A voceira e candidata do Partido Popular á alcaldía de Allariz o vindeiro 28 de maio, Luz Doporto, anuncia a aprobación por parte da Axencia de Turismo de Galicia, pertencente ao Goberno Autonómico, a inclusión do proxecto de arredor dun millón de euros para o proxecto Allariz Destino Sostible, incluído no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino convocado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

“De aprobarse o Plan por parte do Ministerio, Allariz poderá poñer en marcha este proxecto que contribuirá ao impulso do desenvolvemento sostible do turismo non só no concello de Allariz, senón que será un elemento tractor para o resto da comarca”, destaca Luz Doporto.

Entre as actuacións contempladas no proxecto, cabe destacar a mellora da accesibilidade na contorna do casco histórico da vila, a rexeneración natural do corredoiro verde na contorna do río Arnoia no seu trazado municipal, a posta en marcha dunha rede de puntos de carga para vehículos eléctricos, a dixitalización daqueles negocios dos sectores de aloxamento, restauración, artesanía e comercio; así como a creación de produto turístico gastronómico baseado no produto local, entre outras.

Luz Doporto, quen tamén xestiona a área de Reto Demográfico, Igualdade, Benestar e Emprego no goberno provincial, destacou “os resultados positivos dun labor permanente de cooperación entre institucións na materia, neste caso de Turismo, que se materializa nun beneficio para os municipios turísticos da provincia de Ourense”.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros...

0
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas...

0
— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril — O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas...

0
O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo O Concello aumenta os premios dos concursos de...

Publicacións Relacionadas