Home Ourense Allariz-Maceda Maceda reúne a 300 ciclistas na XVIII Mini BTT, puntuable para a...

Maceda reúne a 300 ciclistas na XVIII Mini BTT, puntuable para a Copa Deputación

- Anuncio -

A vila de Maceda converterase os próximos días 12 e 13 no centro de referencia do ciclismo galego coa disputa da XVIII Mini BTT, proba puntuable para a Copa Deputación de Ourense, e na que participarán 300 deportistas de entre 5 e 15 anos chegados desde distintos puntos da comunidade.

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, recibiu no Pazo Provincial á alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, e mailo director técnico da Escola de Ciclismo José Antonio Hermida e do Club Ciclista da vila, Xulio Conde, que explicaron os detalles da proba.

Os participantes, que terán unha zona de acampada xunto ás piscinas municipais, poderán desfrutar o sábado, día 12, dun programa de actividades máis lúdico coa visita ao biciparque situado nas instalacións do club ciclista de Maceda, así como a V Marcha das Vagalumes, un percorrido pola vila a partir das nove horas que, logo do anoitecer, convértese en todo un espectáculo coas luces que portan dos novos ciclistas.

O domingo, día 13, é a xornada reservada para a competición da Mini BTT, que se celebrará na contorna das piscinas municipais desde as 10.00 horas. O circuíto terá saída e chegada nos arredores destas instalacións, variando o percorrido segundo a categoría.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de preto de 110.000 euros entre 12 clubs náuticos...

0
Son 94.000 euros para dez clubs de piragüismo, 8.000 euros para un club de remo e 5.000 euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas