Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense Máis de 50 equipos disputarán mañá no Pazo Paco Paz o “3x·DepOUrense”...

Máis de 50 equipos disputarán mañá no Pazo Paco Paz o “3x·DepOUrense” que impulsan a Deputación e a Federación Galega de Baloncesto

- Anuncio -

Haberá partidos durante toda a xornada, en categorías premini, mini, infantil, cadete, junior e senior. Durante as 11 horas de competición, tamén haberá actividades lúdicas, exhibicións de graffiti, roller e break dance, así como xogos, unha carpa da Asociación Española contra o Cancro e foodtruck


Este evento terá tamén un compoñente saudable: todos os participantes gozarán de froita fresca e auga e poderán realizar doazóns de sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de órganos e Sangue do Sergas que estará instalada no exterior do Paco Paz

Grazas á colaboración directa entre a Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto, o Pazo Paco Paz albergará mañá o “3×3 DepOUrense”, no que participarán un total 51 equipos en categorías premini, mini, infantil, cadete, junior, senior e senior familiar. Trátase dun evento que combinará a xornada de competición con actividades lúdicas, coa música e as artes urbanas como aliadas perfectas desta práctica deportiva. E contará tamén cun marcado compoñente saudable: todos os participantes gozarán de froita fresca e auga, e poderán realizar doazóns de sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue do Sergas que estará instalada no exterior do Paco Paz. Tamén se instalará unha carpa informativa da Asociación Española contra o Cancro,
A pesares de que o carácter competitivo non é o principal compoñente deste evento, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, un premio especial para os campións en cada categoría e un recordo para todos os participantes, así como outras sorpresas a través de concursos e agasallos durante toda a xornada.
O deporte de equipo urbano número 1 do mundo
O baloncesto 3×3 é o deporte de equipo urbano número 1 do mundo. Trátase dunha modalidade que se xoga nunha única canastra e consta de tres xogadores por equipo. Está impulsado pola FIBA e xa se disputou en certames oficiais internacionais, como nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
Se ben este xogo xa existía con anterioridade, a FIBA regulamentouno e creou campionatos internacionais para o mesmo. De feito, desde 2012 dispútase a Copa Mundial FIBA de Baloncesto 3×3.

Relacionadas

O programa das festas da Ponte contará cunha ampla animación musical

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 o sábado 27 de xullo Desde o mércores 24 o barrio da Ponte e toda la cidade de...

O Comité político-técnico do transporte metropolitano convida aos Concellos de Esgos e Nogueira de...

0
O Comité político-técnico para desbloquear a situación do transporte metropolitano en Ourense activado pola Deputación convidou aos Concellos de Esgos e Nogueira de Ramuín...

A Xunta de Goberno destina máis de 663.000 euros a axudas sociais e deporte...

0
Aprobouse a resolución de tres concursos para a concesión de axudas a deportistas, proxectos sociais e de igualdade, para os que se habilitan 338.038...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na inauguración da exposición “Pontevedra no tempo”

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou hoxe na sede Afundación de Pontevedra no acto...

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada...

0
Trala posta en marcha do convenio para a primeira fase da actuación na estrada provincial EP-9701 Baión-András, a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e...

Dúas conferencias sobre a raíñas e princesas exipcias e sobre as escavacións na tumba...

0
Celebraranse o xoves 18 e o venres 19 de xullo ás 19:00 h, con acceso libre ata completar a capacidade O Museo de Pontevedra volve...

Publicacións Relacionadas