O candidato popular en Vilar de Barrio, Óscar Seguín, pon no foco “na escoita e en traballar por todos os pobos e todos os veciños deste concello, porque todos son igual de importantes e todos merecen un Concello dinámico, participativo e con iniciativas”
O líder dos populares ourensáns remarca a potencia da candidatura de Vilar de Barrio: “Esta é unha candidatura gañadora, que sen dúbida vai a aportar xestión e futuro a un concello que pode converterse nun referente non so da comarca da Limia senón da provincia de Ourense”
“Este é un equipo liderado por un candidato que xa coñece ben a política, Óscar Seguín, e que suma o apoio de Montse Lama, integrante nos últimos dous mandatos da corporación provincial, con experiencia dabondo e que simboliza a aposta do PP por unha candidatura gañadora”
“Esta candidatura xa está preparada para gobernar e levar ao futuro Vilar de Barrio, con proxectos e ideas clave para o desenvolvemento e o benestar de todos os veciños deste concello”
“O vindeiro 28 de maio, o PP de Vilar de Barrio recuperará a maioría absoluta para abrir un novo ciclo de progreso neste concello, apoiados nos proxectos que xa teñen deseñados e que contarán co apoio da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e, moi pronto, co Goberno central presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”
ÓSCAR SEGUÍN: ESTÁ É UNHA CANDIDATURA AMPLA, PREPARADA PARA GOBERNAR E QUE QUERE FACER PARTÍCIPE A TODOS OS VECIÑOS”
“Somos coñecedores da incrible riqueza natural e paisaxística que ten Vilar de Barrio, da que o actual grupo de goberno do BNG non soubo nin quixo apostar, desaproveitando un motor de traballo e riqueza para o noso pobo”, remarca o candidato popular
A candidatura do PP de Vilar de Barrio aposta por proxectos como o complexo das Corcerizas, xunto coa construción dun parque multiaventuras, cofinanciado con outras administracións, e unha mellor xestión da Serra de San Mamede. “Esto será para o noso concello o primeiro paso para a xeración de emprego e a consolidación de Vilar de Barrio como referente natural e deportivo da nos provincia”, remarca Óscar Seguín
“Crearemos un espazo de lecer xunto con un paseo fluvial xunto o río Arnoia, ao seu paso por Arnuide. Temos un lugar maravilloso, para desfrutar de bos paseos e conectar coa natureza”, avanza o candidato popular, que tamén incide na potenciación das dúas estacións de tren do concello
“Outro dos nosos piares será escoitar, de verdade. Queremos facer partícipe a todos os veciños e veciñas de cada un dos pobos do noso concello. Para elo crearemos asambleas veciñais mensuais, para manter un contacto directo e permanente con todo o mundo que desexe aportar e participar”, explica Seguín
“Esta é unha candidatura ampla, que representa a todo Vilar de Barrio, e que quere traballar para todos e cada un dos nosos pobos. Porque todos os veciños e todas as veciñas son igual de importantes. Por iso, a nosa aposta é Bóveda, Gomareites, Padreda, San Miguel, Penouzos, Vilar de Barrio, Borán, Ás Searas, Seiró, Rio Bó, Prado, Rebordechao, As Arruás, Maus, Porto e Arnuide”, conclúe o candidato popular en Vilar de Barrio
CANDIDATURA DO PP DE VILAR DE BARRIO
- Óscar Seguín Lamelas
- Montserrat Lama Novoa
- Evelio Alonso Trigo
- Darío Novoa Gómez
- José Manuel Souto Amado
- Vicente Gómez Araújo
- Sonia Rivas Casado
- José Manuel Lage Iglesias
- Leonardo Quintas
Suplentes
- Rosa María Pereira Rivas
- Montserrat Iglesias Gómez
- Fe Santas Ferreiro
- Anxo Alonso Grande
- Manuel Seguín Lamelas
- José Francisco Cid Froufe
- Clara Santas Ferreiro
- José Manuel Rodríguez Rodríguez