Home Terra de Trives A Pobra de Trives Manuel Baltar: “A partir do 28 de maio, Roberto González e o...

Manuel Baltar: “A partir do 28 de maio, Roberto González e o gran equipo do Partido Popular liderarán o cambio que merece Trives”

- Anuncio -

Roberto González: “Abanderamos un programa que promove e da resposta á economía e ao emprego; ao turismo, á cultura e ao deportes; as obras, ao medioambiente ou a sanidade. Piares fundamentais nos que traballamos para que Trives recupere o seu esplendor”

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta tarde na Casa da Cultura de Trives, a necesidade de abrir un “novo ciclo político, apoiado no gran proxecto do Partido Popular”

“Trives precisa un cambio, e que goberne quen gañe as eleccións. O Partido Popular vai a gañar con Roberto González, que estivo estes anos facendo unha leal oposición e perfilando proxectos chave para Trives. Agora poderá poñelos en marcha a partir do 28 de maio co apoio maioritario dos veciños”

“Roberto e a súa candidatura conforman un equipo novo, preparado, con experiencia de éxito no ámbito privado e ben coñecedor da política municipal”

“Este equipo leva a Trives por bandeira. O 28 de maio pediremos aos veciños de Trives que ese cambio que merece o concello sexa unha realidade”

“Toda a forza para este partido e para Roberto González. O Partido Popular realizou o seu traballo: estamos preparados para mudar un municipio que merece reposicionarse como un dos concellos referentes da provincia”

“A Deputación de Ourense sempre está ao carón dos municipios. O goberno provincial conta con músculo financeiro e vontade política para cooperar e avanzar na dinamización territorial, pero precisa de rexedores coa capacidade de deseñar proxectos realistas e transformadores. Xusto o que garante Roberto González ao fronte da Alcaldía de Trives”

“O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, “aposta por seguir potenciando a estación de montaña de Manzaneda, o gran motor económico desta comarca, ademais de medidas estratéxicas no eido dos servizos sociais ou o turismo”

ROBERTO GONZÁLEZ: “GUSTARÍAME DESTACAR O ANTEPROXECTO ‘TURISMO MULTIAVENTURA VAL DO NAVEA’, QUE DINAMIZARÁ A COMARCA E DARÁ ALTERNATIVAS EMPRESARIAIS”

“A nosa candidatura está determinada polo compromiso, a confianza, o liderado, a proximidade e a humildade, valores que aprendín de todos e cada un dos habitantes da nosa vila”, sinalou esta tarde Roberto González

“Abandeiramos un programa electoral que promove e da resposta á economía e emprego; ao turismo, á cultura e deportes; as obras e medioambiente, ou a sanidade. Piares fundamentais nos que traballamos sen deixar ningunha parcela libre co obxectivo de que A Pobra de Trives recupere o seu esplendor”

“Gustaríame destacar un dos pilares principais no sector turístico, o anteproxecto ‘Turismo multiaventura Val do Navea’. Un proxecto ambicioso á vez que realista, cunha base sólida e estruturado en distintas fases coa intención de dinamizar o sector da comarca e darlle alternativas aos diferentes ámbitos empresariais da contorna”

“Queremos levar a cabo todas as obras e mantementos necesarios das vilas que non se fixeron durante a actual lexislatura, para mellorar a vida dos veciños e as veciñas, xa que actualmente atópanse en estado de abandono total”

“Non podemos esquecer o sector agrogandeiro do concello, con grandes produtores que precisan e solicitan servizos e infraestruturas de calidade. Ademais dun servizo estratéxico como é o do matadoiro municipal, no que este equipo de goberno pretende levar a cabo accións que potencien a actividade”

“Apostamos pola reforma integral da residencia da terceira idade, na que non só nos quedaremos ca mellora das instalacións interiores senón que transformaremos tamén as zonas exteriores. Creando espazos para os residentes nos que poidan mellorar a súa calidade de vida gozando dun entorno biosaudable, seguro e que lles proporcione o benestar merecido.

Entre outras medidas, o candidato popular destacou a recuperación do patrimonio, un programa de actividades para os maiores do concello, resolver os problemas de abastecemento do concello ou a remodelación do polideportivo municipal

“Somos conscientes do peso e responsabilidade que entraña ser candidatos a gobernar a nosa vila, reto que asumimos con enorme ilusión e co obxetivo de recuperar e impulsar todas aquelas iniciativas e demandas veciñais que gobernos anteriores non desenvolveron nin atenderon”

Relacionadas

O corte de tráfico por obras na Avenida das Caldas aprázase até despois das...

0
O corte de tráfico da Avenida das Caldas aprázase até despois das Festas do Nadal. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, atendendo a...

A folga estatal do sector de transporte afectará o luns a 6 liñas do...

0
A folga de ámbito estatal do sector de transporte afectará o vindeiro luns, día 9 de decembro, a 6 liñas do servizo municipal de...

A parada de taxis da Alameda trasládase durante un mes á rúa Parada Justel...

0
Con motivo da instalación do Poboado de Nadal, a parada de taxis da Alameda trasladarase provisionalmente á rúa Parada Justel desde mañá, sábado, día...

A Deputación facilitará a compra online de libros do seu catálogo editorial, con traballos...

0
A institución provincial facilitará unha nova canle para acceder aos case 600 títulos que ten editados e que reflicten a realidade ourensá no seu...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos do...

O Concello pon á venda hoxe ás 12.00 h as entradas para os espectáculos...

0
O Concello de Ourense pón á venda as entradas para o espectáculo de Papá Noel que representará a compañía de Pablo Méndez o día...

Publicacións Relacionadas