Home Verín Monterrei Manuel Baltar: “A recuperación da Festa da Vendima da Vila da Monterrei...

Manuel Baltar: “A recuperación da Festa da Vendima da Vila da Monterrei era un deber para a Deputación de Ourense”

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial resaltou na presentación do evento, que se celebrará este sábado 22 de outubro, a implicación da Deputación co “sector do viño coma un gran eixo vertebrador e dinamizador do territorio”

Manuel Baltar lembrou que a recuperación desta festa nace dunha reunión celebrada o 20 de outubro de 2021 no Pazo Provincial: “Este é un traballo planificado e outro exemplo máis dos bos resultados da cooperación”

A presentación da Festa da Vendima da Vila de Monterrei contou esta mañá coa presenza das administracións e entidades implicadas nesta festa, a través do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; e a presidenta do CRDO Monterrei, Lara da Silva

A vila de Monterrei acollerá este sábado, 22 de outubro, a primeira edición da súa Festa da Vendima, “un evento chave para seguir visibilizando o viño de Monterrei e os produtos agroalimentarios locais”, segundo resaltou esta mañá o presidente da Deputación, Manuel Baltar, nunha presentación na que estivo acompañado polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; e a presidenta do Consello Regulador da DO de Monterrei, Lara da Silva.

Manuel Baltar definiu o apoio da Deputación a esta festa coma “non unha obriga, senón un deber e ademais un novo exemplo da importancia da cooperación público-privada”, coa implicación, ademais do goberno provincial, a Xunta de Galicia, CRDO Monterrei e o propio Concello, ademais das adegas e empresas locais.

O presidente da Deputación lembrou que a recuperación desta festa nace dunha reunión celebrada o 20 de outubro de 2021 no Pazo Provincial -coa presenza do propio Manuel Baltar, Lara da Silva, José Luis Suárez e o conselleiro de Medio Rural, José González-, enmarcándoa na “planificación do goberno provincial, porque nesta xuntanza incluso xa lle puxemos a data para a celebración desta primeira edición” e a “nosa máxima implicación” co sector do viño, coas liñas de cooperación abertas coas catro DO: “Son un eixo vertebrador de desenrolo e actores clave na dinamización do territorio, como se pode apreciar perfectamente nesta comarca. E por iso estamos esta mañá aquí, visibilizando o esforzo colectivo que se traduce nunha Festa da Vendima que se vai a consolidar como unha cita ineludible no calendario”.

Manuel Baltar valorou esta mañá a decidida aposta da Deputación pola comarca de Monterrei, que se suma ás liñas de apoio impulsadas pola propia Xunta de Galicia ademais do “excelente traballo do Consello Regulador e a súa presidenta, Lara da Silva”.

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, agradeceu o apoio das administracións públicas e o traballo de todo o persoal implicado na organización dun “día de festa, de poñer o ‘ramallete’ á nosa vendima a través dunha intensa programación, con expositores, feira de produtos locais e reivindicación da cultura popular”.

O delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, valorou a importancia desta iniciativa para “a posta en valor este extraordinario produto, o viño de Monterrei, nunha comarca de gran potencial e que tamén conta co plan estratéxico deseñado pola Xunta para seguir crecendo”.

Pola súa banda, a presidenta do Consello Regulador da DO Monterrei, Lara da Silva, destacou a recuperación dunha Festa da Vendima da Vila de Monterrei que “enxalza a importancia do sector vitivinícola, a primeira potencia económica da comarca”.

Lara da Silva, que agradeceu o respaldo da Deputación de Ourense -“o meu camiño como presidenta da DO é máis sinxelo grazas a este goberno provincial”- e a Xunta de Galicia, destacou o deseño da programación, “con especial importancia para os produtos con selo de calidade”, e dentro da que se inclúe a celebración do Día do Movemento Viño DO, “que nos sirve para reivindicar a necesidade de apoio lexislativo para o sector”.

Programación da primeira edición da Festa da Vendima da Vila de Monterrei

A primeira edición da Festa da Vendima da Vila de Monterrei terá unha entrada única de 5 euros. Durante todo o sábado celebrarase unha feira de produtos agroalimentarios, ademais de actividades infantís, pulpeira e animación musical a cargo do Rancho folclórico de Sao Tiago de Mirandela, Castro Floxo, Gaiteiros de Flariz e Gaiteiros de Medeiros.

A programación deseñada pola organización inclúe:

>12,30 horas: Os grupos de folclore comezan a música, cantos e bailes mentres camiñan cara á Finca de San Francisco, seguidos dos asistentes.
>12,45 horas: Saída dos carros cargados cos vendimos, que son recibidos con bailes e cantos polos grupos e público. 

>13,00 horas: Folión dos carros polo Paseo das Damas, con música e baile.
>13,00 horas: Chegada dos carros á Viña do Conde, descarga das uvas e pisado

>14,00 horas: Proba do Mosto
>14,30 horas: Degustación de porcos asados ao espeto e viños da DO Monterrei. Foliada Aberta

>17,30 horas: Concerto de Brañas Folk

>19,00 horas: Remate da festa 

Relacionadas

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a todos os...

0
Esta campaña de promoción, a través do traballo do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade...

Cortes de tráfico na rúa Santo Domingo pola execución de obras, desde mañá até...

0
A rúa Santo Domingo estará pechada ao tráfico de vehículos desde o acceso pola rúa Concordia, o martes, 23 de abril e o mércores,...

Preto de 400 cicloturistas percorren a Baixa Limia na “Ourense Strade Termal”

0
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe no Balneario Caldaria de Lobios, no corte de cinta que daba...

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

Publicacións Relacionadas