Home Valdeorras A Rúa Manuel Baltar: “Álvaro Fernández é un dos mellores alcaldes da provincia, a...

Manuel Baltar: “Álvaro Fernández é un dos mellores alcaldes da provincia, a súa candidatura é unha garantía de éxito para o PPdeOU e, o máis importante, para A Rúa”

- Anuncio -

Álvaro Fernández destacou o balance destes catro anos, “cunha xestión municipal rigorosa e fiable, fundamental para poder acometer novas iniciativas”

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación definiu no mitin, celebrado esta noite no Cine Avenida, a Álvaro Fernández coma “unha das realidades consolidadas a nivel provincial. Unha persoa que chegou á política hai catro anos, liderando unha candidatura nun concello como da Rúa, elixido alcalde porque así o quixeron os veciños e que formou parte durante este tempo como compañeiro no goberno provincial”

“Álvaro Fernández é un dos mellores alcaldes da provincia. É unha persoa traballadora, fiable, con moito futuro, que sabe expoñer as cousas e que sabe como xestionar grupos humanos e representar perfectamente ao seu concello”

“Agradezo moito que Álvaro se puxera de novo a disposición do partido para liderar unha magnífica candidatura, con gañas e ilusión de seguir facendo moitas cousas por A Rúa”

Resalta o balance destes catro anos e o futuro, “con proxectos que seguiremos desenvolvendo, coma sempre, co apoio da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e, nuns meses, co Goberno central liderado polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”

“Este candidato e esta candidatura son unha garantía de éxito para o PPdeOU e, o máis importante, para A Rúa”

O Plan de Mandato 2127, explicou Manuel Baltar, pon no foco “seguir traballando as potencialidades da Rúa e toda Valdeorras, unha comarca realmente estratéxica para este goberno provincial como demostra a próxima apertura da delegación da Deputación neste concello”

ÁLVARO FERNÁNDEZ REMARCOU A IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN DO GOBERNO PROVINCIAL E A XUNTA DE GALICIA

Álvaro Fernández destacou o balance destes catro anos, “cunha xestión municipal rigorosa e fiable, fundamental para poder acometer novas iniciativas”

O candidato popular remarcou a importancia da colaboración do goberno provincial ourensán e a Xunta de Galicia, “con proxectos que serán realidade nos próximos meses como o novo centro de saúde ou a delegación da Deputación de Ourense”

Entre as iniciativas estratéxicas para este mandato, Álvaro Fernández destaca a “construción dun espazo museístico onde expoñer os fitos históricos e patrimoniais máis representativos do noso acervo cultural”

Álvaro Fernández avanza a creación dunha zona de restauración nas piscinas municipais, con vistas ao encoro, “para establecer a concesión dun servizo de cociña de calidade”. E tamén a construción dun espazo feiral céntrico para albergar eventos ou espectáculos

“Seguiremos humanizando espazos da nosa vila e renovando rúas, ademais de mellorar os servizos de saneamento e abastecemento necesarios”

“Construiremos un espazo adicado ao ocio da mocidade para que poidan desfrutar do seu lecer”, explica o candidato popular, que tamén aposta pola construción dun novo parque infantil para os rapaces

“Coa inauguración do novo centro de saúde, queremos concesionar as salas do vello ambulatorio para implementar servizos que non se estean a prestar no noso pobo”, explicou o candidato popular na súa intervención

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas