Home O Ribeiro Cortegada Manuel Baltar: “Avelino de Francisco é unha institución dentro dos alcaldes galegos...

Manuel Baltar: “Avelino de Francisco é unha institución dentro dos alcaldes galegos e a súa candidatura garante seguir desenvolvendo o futuro de Cortegada”

- Anuncio -

Avelino de Francisco apostou por seguir reforzando a colaboración institucional para implementar o Plan Especial Termal e a segunda fase do Parque Empresarial de Cortegada

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta tarde no Campo da Feira, “a excelente labor desenvolvida por Avelino de Francisco ao fronte do Concello de Cortegada”

“Avelino de Francisco é unha institución dentro dos alcaldes de Galicia, de calquera signo político”, remarca Manuel Baltar, “e agora ponse a disposición da forza política máis importante da historia de Cortegada e da provincia de Ourense para seguir marcando novos e ambiciosos obxectivos”

Manuel Baltar afondou na importancia da aposta de Avelino de Francisco polo “termalismo, o turismo, a dinamización do parque empresarial ou novas dotacións deportivas”

“Avelino de Francisco garante seguir desenvolvendo o futuro de Cortegada, cun equipo perfectamente ensamblado”

“Avelino vai a ser alcalde si o si co apoio maioritario da veciñanza e para o Partido Popular é un completo orgullo contar con el, co seu formidable equipo, que ten convertido a Cortegada nun concello referente na provincia de Ourense e en toda Galicia”

“A Deputación de Ourense sempre estará ao carón de Cortegada, nunha liña de colaboración na que é chave a capacidade de Avelino de Francisco e do seu equipo para deseñar proxectos transformadores”

O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, afonda na importancia de Cortegada e a comarca do Ribeiro, “con iniciativas estratéxicas para o futuro do termalismo, a dinamización económica ou a implantación do Plan EnOUturismo”

AVELINO DE FRANCISCO: “DENTRO DA NOSA APOSTA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO, TRANSFORMAREMOS A CASA REITORAL DE SAN BIEITO DO RABIÑO EN RESIDENCIA PARA ALBERGUE DE PEREGRINOS”

O candidato popular remarcou no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para desenvolver proxectos estratéxicos, coma a implementación e execución do Plan Especial Termal ou a segunda fase do Parque Empresarial de Cortegada

“Dentro da nosa aposta polo Camiño de Santiago, transformaremos a casa reitoral de San Bieito do Rabiño en residencia para albergue de peregrinos”, avanzou Avelino de Francisco

“Rehabilitaremos o casco histórico de Cortegada, como un eixo de desenvolvemento do noso concello”, sinalou o candidato popular, que tamén incidiu na sinalización dos núcleos de poboación do concello e a renumeración das vivendas mediante xeolocalización

Avelino de Francisco incidiu na “potencia da candidatura que me acompaña nesta aventura, perfectamente preparada para seguir mellorando o noso concello”

Entre outros proxectos, Avelino de Francisco avanzou a necesidade da renovación de viais na parroquia de Refoxos, a renovación con LED do alumeado público en Zaparín ou dotar de beirarrúas á parroquia de Meréns

Relacionadas

O Concello pon en marcha unha nova edición do proxecto Convívere, con dez obradoiros...

0
As persoas interesadas poden inscribirse até o 16 de xaneiro A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense inicia unha nova edición do Proxecto Convívere, con...

A Cabalgata de Reis de Ourense ocasionará cortes de tráfico o domingo pola tarde...

0
A celebración da Cabalgata de Reis 2025 de Ourense requirirá levar a cabo cortes de tráfico en varias rúas da cidade o vindeiro domingo,...

A Deputación de Ourense trae a esencia de Cuba para colgar nas súas paredes

0
Ariansis Reyes e Frank González chegan coas súas pinturas e as cores do Caribe á institución provincial O presidente provincial, Luis Menor, visitou acompañado dos...

A gran cabalgata de Reis de Ourense sairá o domingo ás 18.00 horas da...

0
Os Reis Magos estarán acompañados por unha vintena de grupos de animación e carrozas e pasarán pola rúa Xesús Pousa, a Ponte do Milenio...

A Deputación, en convenio coa Xunta, garante o remate do parque acuático de Monterrei...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente da Deputación, Luis Menor, asinaron este acordo de colaboración para finalizar unha...

A Deputación presenta a edición número 38 do Anuario da Gaita, “referente internacional” na...

0
O volume publícase sempre nos últimos meses de ano, ininterrompidamente dende 1986 coincidindo coa posta en marcha da Escola Provincial de Gaitas e recompila...

Publicacións Relacionadas