Home Ourense Baixa Limia Manuel Baltar: “Bande é unha referencia provincial e autonómica apoiado no traballo...

Manuel Baltar: “Bande é unha referencia provincial e autonómica apoiado no traballo do PPdeOU e o potente liderado de Sandra Quintas”

- Anuncio -

Na súa intervención, Sandra Quintas destacou a aposta “pola “formación e por dar facilidades ás empresas, ademais de continuar o plan estratéxico de axudas a novos autónomos”

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense remarcou no acto, celebrado esta tarde no albergue municipal, a “importante labor do Partido Popular de Ourense no crecemento de Bande”

“Sandra Quintas é unha persoa formada, unha auténtica profesional da administración pública que demostrou neste tempo contar cunha excelente visión do que é ser alcaldesa dun concello como Bande”

“A xestión orzamentaria de Sandra está aí, e esta rigorosidade permite deseñar e executar proxectos, fixando novos obxectivos en todos os eidos”, destaca Manuel Baltar

“Bande é unha referencia provincial e autonómica en cuestións de identidade, cooperación transfronteiriza e noutras tantas accións, apoiándose no traballo do PPdeOU e o potente liderado de Sandra Quintas”

“Sandra Quintas e o seu equipo son unha garantía para este concello, ao que seguirán dotando da solidez, xestión e fortaleza necesaria para seguir medrando”

“Este goberno provincial traballa dun xeito cotiá ao carón de Bande, nunha relación de cooperación na que é fundamental o traballo do equipo de Sandra Quintas tecendo novos proxectos dinamizadores e sabendo atopar as liñas de colaboración coa Deputación, a Xunta de Galicia e, máis pronto que tarde, co Goberno central liderado polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”

O Plan de Mandato 2127”, reivindica Manuel Baltar, sitúa nunha situación “completamente chave” a Bande e a toda a comarca da Baixa Limia, con proxectos estratéxicos arredor do apoio ao termalismo, o turismo ou o sector primario

SANDRA QUINTAS: “QUEREMOS UN BANDE AÍNDA MÁIS SOCIAL, COAS AXUDAS Á NATALIDADE, ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN E SEGUIR MELLORANDO A ATENCIÓN AOS NOSOS MAIORES”

A candidata popular remarcou no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para desenvolver novas iniciativas, como a construción do centro termal

“Queremos un Bande aínda máis social: continuaremos as nosas axudas á natalidade e favoreceremos actividades de conciliación familiar. Ademais, apostaremos por un transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida e crearemos espazos de atención ao maior”

No plano turístico, “rehabilitaremos e activaremos a Reitoral de Santa Comba e finalizaremos o proxecto do hotel Casa dos Baños”. Ademais, “adaptaremos como apartamentos turísticos varias estancias do centro de interpretación da Aquae Querquenae”

“Apostamos pola formación e por dar facilidades ás empresas, ademais de continuar o plan estratéxico de axudas a novos autónomos”, sinalou Sandra Quintas

“Rehabilitaremos e usaremos a Casa da Mariluz, ademais de crear unha Base de Unidade Operativa (BUO) contra incendios”, remarcou Sandra Quintas, que tamén avanzou a humanización dos espazos públicos do concello

“Seguiremos estando ao carón do sector primario. Reforzaremos as axudas aos agricultores e gandeiros, ademais da destinadas á comercialización a través do Mercado do Xurés”, destacou a candidata popular

“Queremos que Bande sexa protagonista nos fondos comunitarios 2023-2027”, destacou a candidata, incidindo nas “oportunidades abertas ao noso territorio en sectores estratéxicos”

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas