Home Ourense A Limia Manuel Baltar capta un proxecto de planta de transformación integral de residuos...

Manuel Baltar capta un proxecto de planta de transformación integral de residuos orgánicos para a comarca da Limia

- Anuncio -

O presidente da Deputación mantivo esta semana un encontro de traballo en Madrid co obxectivo de fixar os próximos pasos na implementación dunha iniciativa deseñada polas empresas Aqualia e Gadessa

A planta ten capacidade para xestionar máis de medio millón de toneladas anuais de xurros de vaca, porcos e aves xerados na Limia, ademais de lodos de depuradoras e residuos agroalimentarios. Xeraría biometano, biofertilizante, compost pellet e auga tratada para a rega

Manuel Baltar asinou en Madrid un protocolo co director de Aqualia España, Santiago Lafuente, e o representante de Gadessa, Roberto Lameiro, para marcar a colaboración no desenvolvemento dunha planta de biometanización orzada en 29.200.000 euros e que, unha vez pechada o financiamento, estaría en funcionamento en catro anos

“O sector primario e a comarca da Limia son unha absoluta prioridade para este goberno provincial”, sinala o presidente da Deputación, que mostra a súa “satisfacción por coñecer, da man da colaboración público-privada, unha solución estratéxica #ante esta problemática e que conta coa nosa absoluta disposición para o seu desenvolvemento no mandato 2023-2027”

O director de Aqualia España agradece “a confianza da Deputación” e resalta a importancia dunha iniciativa deseñada para “intregrar a veciños, gandeiros e medio ambiente nun proxecto de economía verde e circular”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo esta semana un encontro de traballo en Madrid co obxectivo de captar para a comarca da Limia un proxecto de planta de xestión integral e transformación de residuos orgánicos, deseñado polas empresas Aqualia e Gadessa co obxectivo de tratar os residuos orgánicos xerados pola actividade gandeira desta comarca -ademais dos lodos das depuradoras e outros refugallos agroalimentarios- e transformalos en biometano, biofertilizante e compost.

Despois de coñecer nesta reunión os pormenores técnicos da iniciativa por parte dos seus responsables, o titular do goberno provincial asinou un protocolo de colaboración co director de Aqualia España, Santiago Lafuente, e o representante de Gadessa, Roberto Lameiro. Este acordo establece un marco de actuación para desenrolar unha planta orzada en 29.200.000 euros e que, unha vez pechada o financiamento a través da colaboración pública-privada, estaría en funcionamento en catro anos.

A Deputación coordinará os esforzos público-privados e proporcionará asesoría xurídica e técnica

Con este acordo, a Deputación comprométese a tecer a cooperación entre as entidades públicas e privadas para facer realidade este proxecto comarcal, asumindo a coordinación do traballo das administracións públicas ademais de proporcionar asesoría xurídica e técnica en cuestións crave como a captación de fondos comunitarios para o desenrolo dun proxecto que, como garanten as empresas promotoras, nacerá da man dunha sociedade con base na provincia de Ourense e promoverá a contratación de provedores locais.

“O sector primario e a comarca da Limia, un dos motores socioeconómicos da nosa provincia, son unha absoluta prioridade para este goberno”, sinala o presidente da Deputación, que mostra a súa “satisfacción por coñecer, da man da colaboración público-privada, unha solución estratéxica #ante a problemática derivada desta concentración de residuos no territorio, e que conta coa nosa absoluta disposición para o seu desenvolvemento no mandato 2023-2027”

O presidente do goberno provincial resalta a “absoluta disposición da Deputación” para poñer en marcha este proxecto, “co que, sen dúbida, contaremos coa colaboración e o consenso doutras administracións públicas e do propio sector primario da Limia, actores crave para este proxecto cun obxectivo común: seguir construíndo unha A Limia mellor, unha comarca que sairá moi beneficiada cunha iniciativa modélica de economía circular no que todas son vantaxes”.

Pola súa banda, o director de Aqualia España, Santiago Lafuente, profundou despois da reunión na importancia dunha iniciativa deseñada para abordar “a situación da Limia, que xera residuos gandeiros equivalentes aos dun millón e medio de habitantes. Este proxecto transformará estes residuos en gas ou biofertilizantes agrarios, saneando a comarca e os seus ríos”.

Desde Aqualia e Gadessa, explica Santiago Lafuente, “agradecemos a confianza da Deputación de Ourense para desenrolar este proxecto; e estamos plenamente convencidos de que esta é unha iniciativa de futuro, capaz de intregrar a veciños, gandeiros e medio ambiente nun proxecto de economía verde e circular”.

Planta de biometanización de xurros

A planta de biometanización de xurros, cunha superficie estimada de 15.000 metros cadrados, está deseñada por Aqualia e Gadessa para, segundo explican os promotores, “axudar na solución do problema ambiental xerado pola alta presenza de nitratos en acuíferos e ríos da Limia”.

Esta iniciativa ten capacidade para asumir máis de medio millón de toneladas anuais de residuos orgánicos -xurros de vaca, porcos e aves- xeradas nesta comarca ourensá, ademais dos lodos de depuradoras municipais e industriais e outros residuos agrolimentarios. A planta xeraría biometano, para a súa inxección na rede -ata 83 gigavatios ao ano-; sulfato diamónico, para o seu uso como biofertilizante; compost pellet, que se aplicaría nos chans da comarca; e auga tratada, que podería ser reusada no sector primario limiano.

Segundo remarca o protocolo de colaboración asinado esta semana por Manuel Baltar e os representantes de Aqualia e Gadessa, este plan de economía circular está aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), o Plan de Mandato provincial do 2019-2023 e as políticas europeas de xestión de residuos e aproveitamento enerxético. O proxecto, sinalan, supoñerá “un beneficio ambiental e económico para a provincia de Ourense, traducíndose na redución de emisións de gases invernadoiro e na xeración de emprego directo e indirecto”.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas