Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación aos proxectos do novo alcalde...

Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación aos proxectos do novo alcalde de Nogueira de Ramuín

- Anuncio -

O presidente recibiu no Pazo Provincial a Julio Temes, trala súa toma de posesión como rexedor o pasado xoves, asegurando que a cooperación da Deputación permitirá que a veciñanza “siga a senda de progreso que se iniciou hai décadas nun dos municipios emblemáticos da provincia”

O alcalde trasladou a Baltar as iniciativas que pretende desenvolver nesta nova etapa, relacionadas con infraestruturas, servizos, áreas de ocio e comunicacións

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu ao alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, na súa primeira visita institucional ao Pazo Provincial trala toma de posesión do seu cargo como rexedor, no pleno celebrado pola corporación local deste concello o pasado xoves.

Manuel Baltar e Julio Temes repasaron os proxectos máis inmediatos que o alcalde ten en carteira para esta nova etapa e para os que solicitou o apoio da Deputación. Entre eles citou a execución de traballos medioambientais no municipio; a mellora de redes de abastecemento nos lugares de Requeixo e A Cancela en Armariz; o acondicionamento dos parques infantís dos Prados e San Miguel; a humanización da travesía en San Miguel-Gundiás; a mellora de accesos a Requeixo de Loña-Virxe do Monte; e actuacións na estrada San Esteban-Loureiro.

O presidente provincial afirmou que o alcalde de Nogueira de Ramuín “contará co apoio da Deputación para desenvolver os seus proxectos”, de tal xeito que a veciñanza “siga a senda de progreso que se iniciou hai décadas nun dos municipios emblemáticos da provincia, berce dos afiadores e un dos enclaves fundamentais de Ribeira Sacra”.

Manuel Baltar destacou a experiencia de Julio Temes na xestión municipal pola súa anterior etapa como alcalde, sen deixar de agradecer o labor desenvolvido nestes anos anteriores polo anterior rexedor, César Parente.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Deputación conta cun novo aparcamento de bicicletas no Edificio Administrativo de Pontevedra

0
A nova instalación ten espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas diferentes, e está localizada na parte traseira do edificio A Deputación de Pontevedra pon desde...

Luis López destaca as 170 adopcións e o coidado de 288 cans no que...

0
O dirixente provincial percorreu as instalacións deste centro de acollida dependente da Deputación acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda A Deputación destina 1,4 millóns...

Publicacións Relacionadas