Home O Ribeiro Beade Manuel Baltar: “Con Fernando Taboada apostamos polo novo Beade”

Manuel Baltar: “Con Fernando Taboada apostamos polo novo Beade”

- Anuncio -

O presidente provincial mantivo un encontro co candidato do PPdeOU en Beade: “É un excelente candidato; e o equipo que vai conformar e os proxectos que xa ten na súa cabeza e que constituirán o seu programa electoral serán o mellor aval para o futuro deste concello”

“Agradecemos o traballo realizado por Senén Pousa durante todo este tempo e a súa experiencia de xestión”, sinala Manuel Baltar, “e o PPdeOU aposta por un novo Beade: un novo rumbo e outra forma de entender a política coa participación, a transparencia, as gañas, a ilusión e o compromiso co pobo por riba de calquera outra circunstancia”

Fernando Taboada reivindica que “presentamos está candidatura con xente de Beade que vive en Beade e que teñen fillos: entre todos queremos facer do noso concello un lugar aínda máis ideal para vivir”

O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, mantivo un encontro co candidato popular en Beade nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, Fernando Taboada, que substituirá ao fronte da lista do Partido Popular neste concello a Senén Pousa.

“Fernando Taboada é un excelente candidato: o equipo que vai a conformar, e os proxectos que xa ten na súa cabeza e que constituirán o seu programa electoral serán o mellor aval para o futuro de Beade”, destaca o presidente provincial.

“Un Beade”, explica Manuel Baltar, “para o que PPdeOU traballa para acadar a máxima participación, sumando na elaboración dun criterio provincial e autonómico e levando a voz da veciñanza ás institucións das que formamos parte”.

“Agradecemos o traballo realizado por Senén Pousa durante todo este tempo, a súa experiencia de xestión”, sinala o presidente do PPdeOU, “e o Partido Popular aposta por un novo Beade, un novo rumbo, outra forma de entender a política coa participación, a transparencia e, por suposto, as gañas, a ilusión e o compromiso co pobo por riba de calquera outra circunstancia”.

Pola súa banda, Fernando Taboada reivindica que “presentamos está candidatura con xente de Beade que vive en Beade e que teñen fillos: entre todos queremos facer do noso concello un lugar aínda máis ideal para vivir”.

“Vivimos nun concello fermoso e queremos dinamizalo, aproveitando todas as posibilidades que nos ofrece”, remarca o candidato do PPdeOU nas eleccións municipais do 28 de maio en Beade.

Biografía de Fernando Taboada

Fernando Taboada ten 49 anos e vive en Beade. “Estou casado e somos familia numerosa”, sinala o candidato do PPdeOU. Licenciado en Maxisterio, traballa no Obradoiro de Emprego do Ribeiro dando clases de Básicas.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas