Home Ourense Esgos Manuel Baltar: “Contar con Mario Rodríguez é contar con futuro. Esgos merece...

Manuel Baltar: “Contar con Mario Rodríguez é contar con futuro. Esgos merece este alcalde e o gran proxecto do Partido Popular”

- Anuncio -

Mario Rodríguez incidiu na importancia da colaboración institucional para desenvolver proxectos estratéxicos e potenciar as políticas sociais

O presidente dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde no Centro Cultural Parada Justel, “os froitos da xestión desenvolvida por Mario Rodríguez ao fronte do Concello de Esgos”

“Dicir Mario Rodríguez é dicir estabilidade, compañeirismo, prudencia, humildade…e tamén un carácter reivindicativo e esixente como podemos ver coa enumeración de obras e proxectos executados ao longo deste tempo en Esgos”, sinalou Manuel Baltar

“O PPdeOU e, sobre todo, os veciños agradecen profundamente que Mario Rodríguez volva a encabezar este equipo, tecendo unha candidatura a que é unha honra pertencer, e que está preparada para traballar dende o minuto 1 a toma de posesión do vindeiro 17 de xuño”, destacou o líder provincial do PPdeOU

“Contar con Mario Rodríguez é contar con futuro: Esgos merece a Mario Rodríguez e ao gran proxecto do Partido Popular”

“O Plan de Mandato 2127”, lembrou Manuel Baltar, suma iniciativas estratéxicas para a dinamización económica do medio rural ou o emprendemento da mocidade, ademais do reforzo dos servizos sociais na liña do traballo desenvolvido polo goberno provincial ourensán

MARIO RODRÍGUEZ: “IMPLANTAREMOS NOVOS PLANS DE EMPREGO PARA MOZOS, MULLERES E PARADOS DE LONGA DURACIÓN”

O candidato popular remarcou no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para desenvolver proxectos estratéxicos e “seguir construíndo o futuro de Esgos”

Arredor do seu programa, Mario Rodríguez incidiu na importancia de reforzar os servizos sociais: “Potenciaremos o servizo de axuda no fogar, a teleasistencia e as axudas de emerxencia municipal. Ademais, blindaremos as axudas á natalidade e á escolaridade, ademais das medidas de conciliación familiar”

“Implantaremos novos plans de emprego para mozos, mulleres e parados de longa duración, a través de obradoiros e distintos programas e con único obxectivo: sumar dinamismo a un Esgos con moito futuro”

“Dotaremos ao campo de fútbol de herba artificial e construiremos unha cancha de pádel”, explicou Mario Rodríguez, que tamén avanzou a mellora dos parques infantís de Esgos, Vilar, Folgoso e Lobaces

No eido da eficiencia enerxética, “instalaremos placas solares na depuradora de Folgoso e rematar o cambio de luminarias a LED en todo o concello”

O candidato popular remarcou a importancia de novas obras de saneamento e mellora das vías públicas, ademais da potenciación das rutas de sendeirismo e o proxecto de restauración da “Casa do Romasanta”

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas