Home Terra de Trives A Pobra de Trives Manuel Baltar: “É o momento de cambiar o futuro da Pobra de...

Manuel Baltar: “É o momento de cambiar o futuro da Pobra de Trives, cunha candidatura que garante unha ilusionante etapa de progreso a partir do 28 de maio”

- Anuncio -

O vicesecretario de Participación do PPdeG, Gabriel Alén, incidiu na necesidade da cooperación institucional e no perfil do candidato, Roberto González, “un home comprometido e vehemente, que aposta por este concello e que sabe reivindicar proxectos de futuro”

Roberto González: “Esta candidatura ten forza e ilusión para conseguir todos os proxectos necesarios. Seremos valentes e ambiciosos para asumir o liderado do noso concello”

O presidente provincial, Manuel Baltar, destacou a potencia da candidatura do PP da Pobra de Trives: “Trives ten historia, ten identidade, ten futuro. Pero leva durmida demasiado tempo. Agora é o momento de cambiar o futuro deste municipio, cunha candidatura que é unha garantía para comezar, a partir do 28 de maio, unha nova etapa de progreso neste concello”

Na presentación da candidatura, celebrada esta tarde no Hostal La Viuda de Trives, Manuel Baltar resaltou o perfil do candidato popular: “Roberto González está en política para facer unha Pobra de Trives mellor. El é unha persoa nobre, educada, que defende Trives con respecto e que coñece perfectamente o que necesita a vila. Por iso sinto un orgullo especial escoitándoo, a un candidato que coñece perfectamente o concello por dentro e que sabe todo o que pode mellorar esta vila, unha das máis grandes de Galicia”

“Este é o Partido de Trives porque é o partido que máis pode facer por Trives. Non hai outro. Por iso, o 28 de maio, poderemos comezar acelerar o concello e implementar proxectos coa colaboración da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e, moi pronto, cun Goberno central presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”, avanzou o presidente provincial do PPdeOU

“Non podemos perder nin un minuto falando mal de ninguén. Somos coherentes e consecuentes. Trives é unha vila para presumir, para levar con orgullo a súa bandeira. E iso con Roberto está asegurado”, destacou Manuel Baltar

“Coa axuda de todos. Trives merece unha oportunidade. Merece un goberno sólido, cun equipo como o que presenta Roberto González para construír o futuro deste concello e con todo o equipo de persoas que formamos o PPdeOU”, concluíu Manuel Baltar

GABRIEL ALÉN: “NINGÚN PROXECTO É POSIBLE SENÓN PARTE DO TERRITORIO. E ISTO O COÑECE MOI BEN ROBERTO GONZÁLEZ E O SEU EQUIPO”

“Esta candidatura integrará o goberno da Pobra de Trives. E ao fronte estará Roberto, un home xoven, comprometido, vehemente cando ten que defender os intereses deste concello, un home que aposta por Trives, creando postos de traballo e tamén reivindicando proxectos para este concello”, puxo en valor o vicesecretario de Participación do PPdeG, Gabriel Alén

Gabriel Alén incidiu en cuestións fundamentais do futuro do concello, como o apoio aos gandeiros -a través da base territorial e a mellora de infraestruturas como o matadoiro- ou a atención aos maiores. “Fitos estruturais, que contarán coa cooperación da Deputación e a Xunta de Galicia e para os que é necesario contar co Concello da Pobra de Trives”

Gabriel Alén tamén remarcou cuestións como o reforzo da Atención Primaria no centro de saúde e o apoio ao polígono industrial. “Necesitamos un diálogo fluído e traballar xuntos, con cooperación. Ningún proxecto é posible se non parte do territorio. Unha cuestión que Roberto e o seu equipo coñecen moi ben”.

ROBERTO GONZÁLEZ: “LIDERO UN EQUIPO COMPOSTO POR VECIÑOS QUE APORTAN PENSAMENTOS RENOVADORES E CON IDEAS TRANSFORMADORAS”

“Queremos que Trives creza, esta vila necesita un cambio inmediato. Despois de dezaseis anos en política, hoxe teño a honra de presentarme como candidato, liderando un equipo composto por veciños que aportan pensamentos renovadores e con ideas para transformar o noso concello”, sinalou no comezo da súa intervención Roberto González

“O programa é tan realista como renovador. Porque todos somos conscientes da realidade do noso concello, e por iso este programa é fiel reflexo das necesidades da Pobra de Trives. Por iso, con este programa queremos impulsar o noso emprego, tender a man a todos os mozos, fomentar os servizos sociais e coidar aos nosos maiores”, incidiu o candidato popular

Entre outras liñas mestras, o candidato popular da Pobra de Trives avanzou que “impulsaremos un plan industrial para este concello e apostaremos polo turismo e a cultura. Tamén nos comprometemos a crear unha bolsa de emprego para mellorar a xestión do Concello e axilizar a resposta aos nosos veciños”

Roberto González tamén incidiu na “necesidade de levar a cabo proxectos estratéxicos como a creación dun centro de día, a mellora da residencia de maiores ou a implementación de polígonos agrarios”

“Esta candidatura ten forza e ilusión para conseguir todos os proxectos necesarios. Seremos valentes e ambiciosos para asumir o liderado do noso concello. Pero non queremos lanzar falsas promesas: esta candidatura so pode ofrecer traballo, esforzo e dedicación, cun proxecto social e de futuro”, concluíu o candidato da Pobra de Trives

CANDIDATURA DO PP DA POBRA DE TRIVES

  1. Roberto González Castro
  2. Luis Berardo Araujo Rodríguez
  3. Albino Rodríguez Fernández
  4. Francisco Vázquez Domínguez
  5. Leticia Vega Codesido
  6. Simón Rodríguez Domínguez
  7. Pedro Basteiro Carballo
  8. Alejandro Álvarez Vázquez
  9. Cristina Álvarez Rodríguez
  10. Sergio Gómez García
  11. Carlos Castro Gómez

Suplentes

  1. María Dolores Pérez Alonso
  2. María Amparo Villarino Castro
  3. María Gabriela Gosen Osuna
  4. Marcos Martínez Toro

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas