Home Ourense Manuel Baltar: “Este equipo é a alternativa que merece Verín para recuperar...

Manuel Baltar: “Este equipo é a alternativa que merece Verín para recuperar o tempo perdido e impulsar a gran transformación deste concello”

- Anuncio -

Gabriel Alén: “Lara da Silva e toda a súa candidatura son unha garantía para cuestións fundamentais como a dinamización de Verín, a colaboración en proxectos que impulsarán o emprego e no apoio ao sector primario”

Lara da Silva: “Os membros desta candidatura tiveron a valentía de poñerse a traballar por mellorar Verín. Por facer un Verín aberto nos seus horizontes, aberto ao resto de concellos. Un Verín que volva a ser o centro da comarca e que recupere a importancia que sempre tivo”

O presidente provincial definiu esta tarde á candidatura popular como “unha candidatura gañadora. Unha candidatura artellada para impulsar a gran transformación de Verín e construír o futuro desta vila. Porque esta é unha candidatura ampla, renovada, que representa a todos os veciños da vila e que está liderada por unha magnífica candidata”

”Agradezo moito o paso adiante que da Lara da Silva, que atende as demandas dos seus veciños para liderar unha alternativa”, sinalou Manuel Balar no acto de presentación da candidatura, celebrado na sede local. “Porque Verín merece unha alternativa, e esta candidatura é a garantía de que a partir do 28 de maio este concello abrirá un novo ciclo, con políticas rigorosas, realistas e coa capacidade para aproveitar todas as potencialidades deste concello en sectores estratéxicos como o vitivinícola, o turístico ou o termal”

”Lara da Silva é unha persoa nova, formada e con experiencia. Ela forma parte dunha xeración ben representada no PPdeOU, o Partido de Ourense, tan amplo como esta provincia”, remarcou Manuel Baltar sobre unha candidata “comprometida, traballadora, valente, xenerosa e emprendedora. Este carácter demóstrano día a día. Fíxoo ao fronte da CRDO de Monterrei, no seu despacho e agora na política, á que chega para mellorar a terra que tan ben coñece e pola que tanto ten apostado e traballado”

”Este equipo está preparado para gobernar. O programa do PP de Verín demostra a capacidade para deseñar proxectos e tecer novas liñas de colaboración cos outros gobernos que operan no territorio. Coa Deputación de Ourense, coa Xunta de Galicia e cun Goberno central que pronto estará presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”

Manuel Baltar: “Verín debe ser unha peza central, estratéxica, dentro da provincia de Ourense. Isto o temos moi claro no PPdeOU, que situamos a Verín no centro das nosas políticas, como queda referendado no Plan de Mandato “2127” que presentaremos este sábado en Celanova e que será a folla de ruta provincial dos vindeiros catro anos, con maioría absoluta na Deputación de Ourense. Isto non o fai ningunha outra formación política, e isto é o plus que proporciona o PPdeOU, o Partido de Ourense”

”Quedan 33 días para as eleccións municipais. Esta candidatura, con todo o músculo e a loxística do PPdeOU, ofrece a Verín a oportunidade de cambiar de ritmo e gañar en modernidade, en gañar en seriedade, en recuperar o tempo perdido. Esta candidatura é o futuro de Verín”, concluíu o presidente provincial

GABRIEL ALÉN REMARCOU O COMPROMISO DE LARA DA SILVA E O SEU EQUIPO POLA CREACIÓN DE EMPREGO, O TURISMO

“Lara da Silva aposta pola creación de emprego. Ela e o seu equipo son unha garantía para dinamizar Verín, co seu programa e tamén reforzando as medidas implantadas pola Xunta de Galicia neste concello, como o primeiro Polo de Emprendemento. Ademais de colaborar dende o Concello na potenciación do polígono de Pazos e o desenvolvemento do de Tamagos”, explicou Gabriel Alén, vicesecretario de Participación do PPdeG

“Esta candidatura aposta por desenvolver todo o potencial turístico deste concello”, remarcou Alén no acto de presentación da candidatura. “Porque Verín necesita un goberno municipal que aposte pola Vía da Plata e estableza sinerxías co Castelo de Monterrei, un fito comarcal. Tamén necesita un goberno municipal que aposte de verdade polo potencial termal desta vila, en colaboración cos concellos da comarca, a Deputación e a Xunta, para desenvolver este gran potencial que atesoura Verín”

“A defensa da sanidade pública e o Hospital de Verín é un dos eixos do programa de Lara da Silva. Grazas en gran medida á reivindicación do PP de Verín, hoxe contamos con obras importantes para ampliar e mellorar o hospital, ou conseguindo que se convoquen 27 prazas por concurso de mérditos -5 de Primaria, 20 no hospital e 2 de Pediatría-“, sinalou Gabriel Alén

“Precisamos un alcalde de Verín proactivo, como será Lara da Silva, para apoiar ao sector primario deste concello e impulsar o territorio a través de ferramentas como a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia”, explica Gabriel Alén, que tamén remarca o “carácter social dunha candidatura que aposta pola atención aos veciños e pola conciliación familiar, con apostas claras coma a potenciación do Punto de Encontro Familiar -hoxe en fase de redacción de proxecto- ou a ampliación de prazas de Educación Infantil”

LARA DA SILVA: “APOSTAMOS POR UN VERÍN RESPECTUOSO E TRANSPARENTE, QUE CONVIDE A INVESTIR E NO QUE A DEFENSA DA SANIDADE E A BLINDAXE DOS SERVIZOS PÚBLICOS SEXAN CUESTIÓNS PRIORITARIAS”

“Esta é unha nova etapa do PP de Verín”, destacou a candidata popular. “Teño a honra de encabezar esta candidatura, con humildade, forza, ilusión e o meu estilo. Máis aló dunha lista, estes son os meus compañeiros, os que me acompañarán nos próximos catro anos para traballar baixo uns valores e para todos os verinenses”

Lara da Silva agradeceu o apoio do presidente provincial, Manuel Baltar, dos seus compañeiros e do presidente local, Juan Manuel Jiménez Morán: “Grazas Juan polo traballo realizado nestes dezasete anos, pola túa dedicación neste tempo e por saber pechar un ciclo”

“Os membros desta candidatura tiveron a valentía de poñerse a traballar por mellorar Verín. Por facer un Verín aberto nos seus horizontes, aberto ao resto de concellos. Un Verín que volva a ser o centro da comarca e recupere a importancia que sempre tivo”, reivindicou a candidata

“Apostamos por un Verín respectuoso e transparente, que convide a investir e no que a defensa da sanidade e a blindaxe dos servizos públicos sexan cuestións prioritarias”, sinalou Lara da Silva

“Estamos aquí para ser o Partido de Verín, baixo as siglas do PP, un partido que demostra unha xestión impecable. Loitaremos para obter a confianza maioritaria dos verinenses e seguir demostrando que votar ao PP é votar ao Partido que coñece, comprende e se compromete coas demandas e as necesidades dos veciños”, concluíu a candidata popular

CANDIDATURA DO PP DE VERÍN

1.- Lara da Silva Rodríguez

33 anos

Avogada e criminóloga, con despacho en Verín

  1. Aitor Álvarez Prado

41 anos

Diplomado en Maxisterio en especialidade de Educación Física

Técnico deportivo, profesor e empresario

  1. Sonia Arias Pereira

45 anos

Diplomada en Relacións Laborais e administradora de fincas colexiada

Empresaria con despacho en Verín

  1. Beatriz Blanco Adegas

42 anos

Educadora infantil e técnica superior en Administración e Finanzas

Autónoma

  1. Bernardo Rodríguez Danoz

21 anos

Estudante de Dereito, Ciencias Políticas e Administración Pública na Universidad Autónoma de Madrid

  1. Tamara Velázquez Rivero

41 anos

Operaria de produción en Augas de Cabreiroá

  1. Paula Gómez García

33 anos

Servizo de limpeza do Hospital de Verín

Estudante do Grao de Psicoloxía

  1. Juan Pablo García Losada
  2. Benito Quiñones García

48 anos

Enfermero e podólogo, traballa no CSS de Verín

  1. Benjamín Pérez Cuquejo

43 anos

Informático, traballa nunha explotación avícola

  1. Emma Rodríguez Vicente

35 anos

Experiencia en xestión administrativa e contable. Formación en esteticista

  1. Montserrat Diéguez González

51 anos

Administrativa en empresa privada e estudante de Radioloxía

  1. Rosa Simón González

75 anos

Ama de casa e agricultura

  1. Alejandro Justo Arias

27 anos

Deseñador de interiores, traballo en carpintería

  1. Celestino Cid Lorenzo

41 anos

Autónomo

  1. Pablo Reigada Vázquez

43 anos

Comercial en multinacional de gran consumo

  1. María Luisa Valladares Rodríguez

62 anos

Médica en Verín

Suplentes

  1. Benito García Veiga

64 anos

Empresario

  1. Celia Sousa Suárez

62 anos

Técnico en xestión administrativa

  1. Manuel Baños Fariñas

53 anos

Celador no Hospital de Verín

  1. Ana Belén Abuín Aído

48 anos

Enfermeira no Hospital de Verín

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas