Fernando Redondo aposta pola colaboración institucional para desenvolver novas iniciativas estratéxicas, como a creación de vivendas sociais
O presidente dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde ao carón do centro de saúde, “o excelente traballo de Fernando Redondo ao fronte do Concello de San Amaro”
“Fernando Redondo foi a solución para San Amaro, e o seguirá sendo despois do 28 de maio. Porque San Amaro necesita estabilidade para medrar, e el foi quen de acadala neste tempo ao fronte do Concello, nun traballo que realizará desenvolvendo nos próximos anos”
“Fernando Redondo acredita bonhomía, talante, dedicación, traballo e a capacidade de converter en realidade proxectos demandados pola veciñanza dende hai moito tempo”
“El é o mellor candidato, ten a mellor candidatura e o mellor programa, con novos proxectos dinamizadores perfectamente realizables.
“A Deputación de Ourense precisa de proxectos municipais ben deseñados, para tecer liñas de cooperación e seguir avanzando. Este traballo o coñece perfectamente Fernando Redondo e o seu equipo”
O Plan de Mandato 2127, lembrou Manuel Baltar, inclúe medidas para seguir potenciando o medio rural, ademais da blindaxe dos servizos públicos e facilitar o emprendemento da mocidade
FRANCISCO CONDE: “FERNANDO REDONDO ALÍASE CO SECTOR PRIMARIO E FAVORECE O IMPULSO AO EMPRENDEMENTO”
“O Partido Popular é o partido que ten un proxecto pensado no benestar dos veciños e veciñas, como demostra Fernando Redondo no seu traballo ao fronte do Concello”
“As propostas de Fernando Redondo están pensadas para facer do sector primario un aliado, así como para impulsar o emprendemento e a implantación de novas empresas co obxectivo de que as novas xeracións teñan oportunidades para facer un proxecto de vida en San Amaro”
FERNANDO REDONDO: “CONTAREMOS CON FIBRA ÓPTICA NO 100% DOS NOSOS POBOS”
O candidato popular afondou na súa intervención desta tarde nas liñas mestras do seu programa, recalcando a importancia da colaboración coa Deputación de Ourense e coa Xunta de Galicia para “seguir construíndo San Amaro”
“Continuaremos coa mellora da cobertura móbil e traballamos para contar con fibra óptica no 100% dos nosos pobos”
Dentro dos proxectos estratéxicos, Fernando Redondo sinalou a creación de vivendas sociais -“Poremos a disposición dos veciños vivendas asequibles”- e o reforzo do programa de axudas as familias, con bolsas de 150 euros para os nenos matriculados no colexio e un servizo de conciliación gratuíto
O candidato popular incidiu na potencia turística e cultural do concello, con iniciativas como o Festival Celta ou a Degustación do tinto de San Amaro -“e seguiremos reclamando a entrada na DO Ribeiro”-
“Apostamos polo fomento da vida social entre a veciñanza, con cursos e programas para loitar contra a soidade non desexada”, sinalou Fernando Redondo, que tamén incidiu na importancia de seguir desenvolvendo actividades para a mocidade, como a segunda edición da Festa de Fin do Verán, a II Ruta Cabalar ou o Magosto