A Comisión de Coordinación Interterritorial do Comité Técnico de Árbitros reuniuse este fin de semana en Cenlle
O presidente da Deputación remarcou ao ex árbitro internacional a “firme aposta” do goberno provincial pola promoción do deporte, con especial énfase no feminino e a base, ademais de “aproveitar todas as potencialidades de Ourense coma un gran ecosistema deportivo”
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro no Balneario de Laias (Cenlle) con Luis Medina Cantalejo, ex árbitro internacional e actual presidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA) da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).
Manuel Baltar remarcou a Luis Medina Cantalejo a “firme aposta” do goberno provincial pola promoción do deporte, con especial énfase no feminino e a base, ademais de “aproveitar todas as potencialidades de Ourense coma un gran ecosistema deportivo, con capacidade para acoller competicións de primeiro nivel de calquera deporte”. Na reunión celebrada en Cenlle tamén participou Bernardino González Vázquez, presidente do Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Galega de Fútbol e asesor de Deportes da Deputación de Ourense, e que acaba de recibir a distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia.
O encontro quedou enmarcado na reunión desta fin de semana en Laias da Comisión de Coordinación Interterritorial do CTA da RFEF, na que participaron os presidentes de todos os comités técnicos territoriais da arbitraxe do fútbol español.