Home O Carballiño Maside Manuel Baltar: “Nacho Campo liderará o cambio que necesita Maside para construír,...

Manuel Baltar: “Nacho Campo liderará o cambio que necesita Maside para construír, a partir do 28 de maio, o futuro deste concello”

- Anuncio -

José González, en representación do PPdeG, destacou a solidez da xestión do Partido Popular e a aposta polo rural: “Somos o único partido que cree no rural, que ve nel o futuro de Galicia. Porque estamos orgullosos de ser do rural, tanto como de orgulloso está Nacho –e todos nós– de ser de Maside”

Na súa intervención, Nacho Campo remarcou a renovación e capacidade da candidatura fronte ao caos do goberno municipal: “Fronte ao noso proxecto, atopámonos con 16 anos de parálise, nos que Maside quedou bloqueada e hoxe é noticia debido á falta de capacidade e a mala praxis do equipo de goberno”

● Manuel Baltar resaltou na súa intervención no acto, celebrado esta tarde no vello colexio de Maside, a potencia da candidatura liderada por Nacho Campo, “unha persoa e un equipo que liderarán o cambio necesitado por Maside para construír o futuro deste concello e aproveitar todas as súas potencialidades”

● O presidente provincial definiu á candidatura presentada esta tarde como unha garantía para os veciños de Maside, que teñen no PPdeOU ao partido que mellor coñece o territorio, coas súas demandas e potencialidades, e que ten a capacidade de artellar novos proxectos para dinamizar este concello”

● “Nacho Campo é unha persoa comprometida co seu partido -no que hoxe é presidente provincial das Novas Xeración- e sobre todo, Nacho Campo é unha persoa comprometida co seu concello e cos seus veciños. Por iso será o alcalde de Maside moitos anos”, analizou Manuel Baltar

● “As eleccións municipais son as eleccións máis importantes, a nai de todas as eleccións, pola importancia que teñen no noso día a día. Isto vese perfectamente en Maside: o 28 de maio, os veciños poderán cambiar o rumbo de Maside a través desta candidatura do PP de Maside, o instrumento perfecto para mudar a parálise e a ineficacia por dinamismo e xestión”

● “Este é o mellor candidato, o mellor equipo, o mellor programa e o mellor partido para Maside. Apoiar a Nacho Campo será impulsar ao concello de Maside cara o futuro: o 28 de maio, este concello comezará a recuperar o tempo perdido”, sinalou Manuel Baltar

JOSÉ GONZÁLEZ: “O PPDEG LEVA ‘FALANDO FACENDO’ 14 ANOS SEGUIDOS NA XUNTA, E O QUERE FACER EN MASIDE, DA MAN DE NACHO”

● “Somos un partido que se constrúe de abaixo a arriba. Que se fai rúa a rúa… parroquia a parroquia… e concello a concello… Tamén en Maside, de xeito especial, por ser o ‘meu’ concello”, explicou José González antes de celebrar a capacidade territorial do PP: “Formamos parte dun gran partido. Sen dúbida, do partido que máis se parece a Galicia. O único partido que presenta candidaturas nos 313 concellos de Galicia. Aquí, en Maside, da man de Nacho”

● “Hoxe, a maioría dos partidos acaban onde acaba Twitter ou Instagram. O único que teñen que ofrecer son formas sen contido. Pero os problemas de alumeado público, o asfaltado das pistas para acceder ás fincas, o IBI… diso non falan nas súas publicacións. Os problemas dos concellos, os problemas dos veciños non se resolven cun chío. Máis vale unha imaxe que mil palabras? Nós dicimos ‘máis vale un feito que mil imaxes’. E en feitos é no que se basea, de feito, a nosa xestión”, remarcou na súa intervención José González

● “Deixemos os comentarios en Facebook para aqueles que non saben cales son os problemas reais da veciñanza por non pisar as rúas nin as pistas. Hai un dito que di que se ‘fala facendo’. É a mellor frase que define ao PPdeG. Un partido que leva catro maiorías absolutas consecutivas. Que leva ‘falando facendo’ 14 anos seguidos… E que quere falar facendo tamén en Maside, da man de Nacho Campo”

● José González: “Somos o partido do rural porque somos os únicos que traballamos por e para mellorar o noso rural. O único partido que cree no rural, que ve nel o futuro de Galicia e de España. Porque estamos orgullosos de ser do rural, tanto como de orgulloso está Ignacio –e todos nós– de ser de Maside”

● “O PPdeG é, somos, á alternativa ao ‘caixón de xastre’ da parálise, da indecisión e a ineficacia que sofre este concello. Para iso temos que empezar falando nós… falando nas urnas e elixindo a Nacho, elixindo a Maside, elixindo Galicia e elixindo España”, concluíu José González

CAMPO: “SE SON ALCALDE E UN VECIÑO PERDE A SÚA CASA POLA MIÑA CULPA, ESPERO QUE A OPOSICIÓN PIDA A MIÑA DIMISIÓN COMO EU FIXEN CO ACTUAL ALCALDE. CO PAN DOS VECIÑOS NON SE XOGA”

● “Somos unha lista renovada, con valor de futuro e con capacidade para facer deste Maside un Maside mellor”, explicou Nacho Campo antes de avanzar: “Os vindeiros catro anos son moi esperanzadores para Maside sempre que o Partido Popular goberne o Concello de Maside. Catro anos nos que, apoiados no noso sólido programa electoral, conseguiremos que Maside rexurda do abandono e do bloqueo ao que está sometido”

● “Co PP ao fronte do Concello de Maside, os vindeiros catro anos estarán caracterizados por unha folla de ruta marcada polo bo goberno, a transparencia e, sobre todo, a atención a cada un dos problemas dos nosos veciños”, remarcou o candidato popular en Maside na súa intervención

● “Fronte ao noso proxecto, atopámonos con 16 anos de parálise, no que o Concello de Maside quedou bloqueado e hoxe é noticia debido á falta de capacidade e a mala praxis do equipo de goberno”, lamentou Campo

● “O PP de Maside nunca estará de acordo nin se alegrará de que se derrube a casa dun veciño. Se son alcalde e pola miña culpa un veciño perde a súa casa espero que a oposición pida a miña dimisión, como eu fixen co actual alcalde. Non imos a consentir que ninguén xogue co pan dos veciños”, concluíu Campo

CANDIDATURA DO PP DE MASIDE

  1. Ignacio Campo González
  2. Carolina Lage Mosquera
  3. Luis Blanco Fernández
  4. Luisa Barreiro Álvarez
  5. Antonio Veiga González
  6. Luis Jorge Álvarez Ferro
  7. Daniel García Fernández
  8. Iñaki Requejo Otero
  9. Raquel Cabo Rumbao
  10. Ana María Rodríguez Álvarez
  11. Antonio Rodríguez González

Suplentes:

  1. Claudia Diéguez Pérez
  2. José Ignacio López Iglesias
  3. José Soto Soto
  4. Benito Ordóñez Portabales
  5. Antonio Varela Ferradás
  6. Francisco de la Calle Diz
  7. Juan Carlos Álvarez Lois

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas