Home O Ribeiro Leiro Manuel Baltar: “Non hai un alcalde mellor para Leiro que Paco Fernández....

Manuel Baltar: “Non hai un alcalde mellor para Leiro que Paco Fernández. E o 28 de maio renovará a alianza cos seus veciños cunha maioría absoluta máis grande que nunca”

- Anuncio -

Paco Fernández apostou por “potenciar o termalismo arredor do Balneario de Berán e todo o relacionado coa cultura da auga para atraer a visitantes ao noso concello”

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta tarde no Campo da Festa de San Pedro, “os froitos do traballo desenvolvido por Paco Fernández en Leiro, e todo o futuro deste gran proxecto”

“Paco Fernández seguirá sendo o alcalde de Leiro, e isto non é ningunha novidade. Porque non hai mellor candidato que Paco nin outro partido coa potencia do Partido Popular para seguir desenvolvendo as potencialidades deste concello, sempre en colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia”

Durante o mitin, Manuel Baltar incidiu na experiencia municipal de Paco Fernández e o seu traballo na Cámara Alta: “Dende a súa posición no Senado, foi quen de conquerir para Leiro e toda a provincia de Ourense proxectos en colaboración co resto de administracións públicas”

“O 28 de maio, Paco Fernández volverá a demostrar que a veciñanza está con el, porque os veciños de Leiro queren seguir tendo a Paco como alcalde. El é un home conciliador, respectuoso, formado, con experiencia e con máis ilusión que nunca. Por iso o 28 de maio esperamos unha maioría absoluta aínda máis potente que nunca”

“O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, afonda na importancia estratéxica de Leiro e de toda a comarca do Ribeiro, “con iniciativas encamiñadas á dinamización económica, o termalismo, o blindaxe dos servizos sociais ou a implantación do Plan EnOUturismo”

PACO FERNÁNDEZ: “SEGUIREMOS INVESTINDO NOS SERVIZOS SOCIAIS A TRAVÉS DO CENTRO DE DÍA, PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS NOSOS MAIORES”

O candidato popular remarcou no mitin desta tarde a importancia de “potenciar o termalismo en torno ao Balneario de Berán e todo o relacionado coa cultura da auga para atraer a visitantes ao noso concello”

“Seguiremos investindo nos servizos sociais a través do centro de día, para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores e o Plan Concilia para facilitar a atención á infancia dando servizo ás familias traballadoras”

“Apostamos pola recuperación de máis terras agrarias, con grandes parcelas para promover a agricultura e a gandería, no polígono agroforestal de Barzamedelle”

“Promoveremos e potenciaremos as zonas verdes do concello para o benestar dos nosos veciños e visitantes”, explicou Paco Fernández, que tamén avanzou a “construción de novos parques infantís”

Dentro da dinamización do concello, o candidato popular tamén remarcou a aposta pola “conservación e mellorar do trazado e sinalización das rutas de sendeirismo, que serven como reclamo a turistas para o uso e disfrute do noso entorno”

Paco Fernández incidiu na importancia da reivindicación da cultura e identidade propia, con medidas como “fomentar a conservación e posta en valor do patrimonio arquitectónico, relixioso e cultural”

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Luis Menor empraza á Capitalidade de Montaña 2024 para mostrar o compromiso de Ourense...

0
O presidente provincial participou na inauguración das xornadas que fixan a Chandrexa de Queixa como primeiro emprazamento da Capitalidade de Montaña de España 2024,...

O Concello de Ourense festexa o Día da Educación Física na rúa cunha actividade...

0
A actividade reuniu máis de 300 participantes, entre profesorado e alumnado, do CPR Luis Vives Máis de 300 persoas, entre alumnado e profesorado, xuntáronse esta...

A Deputación mobiliza máis de 420.600 euros en axudas para ciclos e festivais culturais,...

0
A Xunta de Goberno tamén autorizou a modificación de obras, dentro do Plan de Cooperación CooperOU, solicitadas polos concellos de Boborás, Leiro, Punxín e...

Publicacións Relacionadas