Jose Sampayo: “En Amoeiro hai dúas opción: maioría do Partido Popular ou un conglomerado de siglas. Nós non gobernaremos a costa do que sexa e de quen sexa. O 28 de maio pedimos prestado o voto dos veciños, e dentro de catro anos avaliaremos os fitos acadados”
O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta mañá ao carón da Casa da Cultura, a necesidade de abrir un novo ciclo neste concello: “Nunca Amoeiro necesitou tanto un cambio como hoxe. E Jose Sampayo e o PPdeOU son a garantía para cambiar, para transformar este concello e recuperar o tempo perdido”
“Jose Sampayo será o alcalde de Amoeiro. Porque sobran as razóns para votalo e porque os veciños viron nestes últimos catro anos as consecuencias dun Concello gobernado dun xeito desenfocado, sen firmeza, sen proxectos, sen gañas de traballar”.
“Ante o pasotismo instalado na Casa Consistorial, Jose Sampayo -explicou Manuel Baltar- coñece perfectamente ese Concello e tamén a política provincial e autonómica. “El é a persoa que liderará o futuro de Amoeiro, e o Partido Popular ten toda a confianza posta no seu proxecto”
“Sampayo ten experiencia, compromiso e coñecemento do territorio. Sampayo ten o mellor equipo e un programa perfectamente deseñado e realizable. E o 28 de maio conseguirá a confianza maioritaria da veciñanza de Amoeiro”
“A Deputación de Ourense sempre está ao carón dos municipios. Pero precisa de proxectos, de iniciativas dos concellos ben deseñadas. E precisamente isto é o que garante o equipo do Partido Popular”
O Plan de Mandato 2127”, destacou esta mañá Manuel Baltar, afonda nas políticas provinciais do PPdeOU, con accións estratéxicas deseñadas para “reforzas as nosas apostas pola dinamización económica, o emprendemento da mocidade, o turismo ou o blindaxe dos servizos sociais”
JOSE SAMPAYO REMARCOU A IMPORTANCIA DE DESEÑAR PROXECTOS E ATOPAR A COLABORACIÓN INSTITUCIONAL: “APOSTAMOS POLA PLANIFICACIÓN E A XESTIÓN, NON IMPROVISAMOS”
O candidato popular remarcou no mitin desta mañá a importancia da capacidade de deseñar proxectos e atopar a colaboración institución para desenvolver o concello: “Despois do 28 de maio, a Deputación de Ourense e cada unha das consellerías da Xunta de Galicia terán unha lista de iniciativas preparadas para mudar Amoeiro”
“Apostamos pola planificación e a xestión. Non improvisamos. Temos a sensación de que os veciños queren cambiar para reactivar este concello”, destacou Jose Sampayo
“Presentamos unha candidatura con homes e mulleres preparados, con formación. Saben onde están, e están preparados para xestionar Amoeiro dende o primeiro minuto”, remarcou o candidato popular
“Necesitamos administracións amigas e proxectos ben estruturados como os que xa temos deseñados”, sinalou Jose Sampayo, que avanzou iniciativas como un servizo de transporte para unir as parroquias do concello, a mellora das beirarrúas, a potenciación das estradas, a mellora das políticas sociais ou a potenciación do Camiño de Santiago
O cabeza de lista popular tamén puxo en valor a importancia da colaboración cos concellos limítrofes, como Ourense ou San Cristovo de Cea, para desenvolver proxectos en común
Entre as iniciativas estratéxicas, avanzou a creación dunha residencia de maiores con centro de día, que xa conta co proxecto básico de execución. “Será un novo modelo de residencia para a atención aos nosos maiores e tamén será un motor de emprego para o concello, con máis dunha trintena de postos de traballo directo”
“En Amoeiro hai dúas opción: maioría do Partido Popular ou un conglomerado de siglas. Nós non gobernaremos a costa do que sexa e de quen sexa. O 28 de maio pedimos prestado o voto dos veciños, e dentro de catro anos realizaremos o balance”