Home Terra de Celanova Cartelle Manuel Baltar: “O 28 de maio, Jaime Sousa renovará a confianza maioritaria...

Manuel Baltar: “O 28 de maio, Jaime Sousa renovará a confianza maioritaria dos seus veciños para seguir facendo o Cartelle do futuro”

- Anuncio -

Jaime Sousa: “Reforzaremos a promoción de iniciativas para asentar poboación no noso concello, a través de ferramentas coma a rehabilitación de edificios públicos”

O presidente dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde no Teleclube Seixadas, “o excelente traballo de Jaime Sousa ao fronte do Concello de Cartelle”

“Ninguén dubida que Jaime Sousa volverá a ser o alcalde de Cartelle tras o 28 de maio: suma décadas de experiencia na xestión municipal, anos como alcalde e, sobre todo, forza renovada. Todo isto fai que o encontro desta tarde sexa unha festa e un anticipo do 28 de maio, cando unha gran maioría absoluta avale o seu traballo”

“Jaime Sousa é un dos grandes activos do Partido Popular na provincia de Ourense e un dos mellores alcaldes. O 28 de maio renovará a confianza masiva dos seus veciños para seguir pensando e facendo o Cartelle do futuro”

“A Deputación de Ourense sempre estará ao carón dun concello como Cartelle, con probada capacidade para deseñar novas iniciativas e blindar a cooperación do goberno provincial e a Xunta de Galicia, nunha liña de colaboración á que pronto se sumará o goberno liderado polo ourensán Alberto Núñez Feijóo”

“O Plan de Mandato 2127”, lembrou Manuel Baltar, afonda na cooperación cos concellos e inclúe iniciativas estratéxicas para o futuro do medio rural, o reforzo das políticas sociais ou o emprendemento

JAIME SOUSA: “CONSTRUIREMOS UN CENTRO DE DÍA PARA SEGUIR MELLORANDO A ATENCIÓN AOS NOSOS MAIORES”

O candidato popular remarcou no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para seguir desenvolvendo proxectos estratéxicos, na liña dos últimos anos

“Seguiremos promovendo iniciativas para asentar poboación, a través de ferramentas coma a rehabilitación de edificios públicos”, destacou Jaime Sousa

Entre as iniciativas estratéxicas para o próximo mandato, Jaime Sousa avanzou a construción dun centro de día ou a posta en valor da casa de Carlos Velo, que “converteremos en museo da súa memoria e do cine galego”

“Reformaremos dun xeito integral dos campos de fútbol de Cartelle e Outomuro, coa instalación de herba artificial e iluminación”

O candidato popular tamén avanzou o remate da reforma do alumeado en todo o concello, o remate das obras na estrada Cartelle – Sande, a construción de máis parques infantís ou a ampliación do ximnasio municipal

“Dentro da reivindicación da nosa memoria”, destacou Jaime Sousa, “recuperaremos a figura da primeira gaiteira galega, Áurea Rodríguez, ‘A raíña da gaita galega’, dando o seu nome á biblioteca municipal”

Relacionadas

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Publicacións Relacionadas