Home O Ribeiro Castrelo de Miño Manuel Baltar: “O futuro de Castrelo de Miño chámase Avelino Pazos. O...

Manuel Baltar: “O futuro de Castrelo de Miño chámase Avelino Pazos. O PPdeOU é o camiño para seguir desenvolvendo este concello”

- Anuncio -

Avelino Pazos apostou pola construción dunha residencia de maiores -“para coidar aos nosos maiores e xerar postos de traballo no concello”- e “rematar a tramitación da declaración de augas termais, para poñelas a disposición de inversores interesados na edificación dun hotel balneario”

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense resaltou no mitin, celebrado esta tarde no Parque Náutico de Castrelo de Miño, o traballo realizado por Avelino Pazos ao fronte do Concello

“Avelino Pazos demostrou que merece seguir sendo alcalde de Castrelo de Miño: el pacificou o Concello, colocou as liortas na porta de saída e so pensa en facer e construír un mellor Castrelo de Miño”

Como balance da súa xestión, Manuel Baltar resalta as “obras desenvolvidas, todas as realidades perfiladas para aproveitar as potencialidades do concello e que poden ser executadas grazas á Deputación de Ourense e a Xunta”

“O 28 de maio, o horizonte é moi claro: o futuro de Castrelo de Miño chámase Avelino Pazos. Esta é solución para que Castrelo siga sendo un dos concellos referentes non so do Ribeiro senón de Ourense”

“A Deputación de Ourense sempre estará ao carón de Castrelo de Miño. Sempre. Porque Avelino Pazos e o seu equipo son unha garantía para artellar novas iniciativas transformadoras e tecer liñas de colaboración co goberno provincial ourensán e a Xunta de Galicia”

O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, afonda na importancia de Castrelo de Miño e toda a comarca do Ribeiro, “con iniciativas estratéxicas para a dinamización económica do medio rural ou a implantación do Plan EnOUturismo”

AVELINO PAZOS: “NO PRÓXIMO MANDATO, CONSOLIDAREMOS A NOSA POSICIÓN DE REFERENTE DOS DEPORTES NÁUTICOS DO INTERIOR”

O candidato popular remarcou no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para desenvolver proxectos estratéxicos

“Executaremos a primeira fase do proxecto de bombeo do río Miño -cun orzamento de 2,7 millóns- para eliminar definitivamente o problema do arsénico no noso concello”, explicou Avelino Pazos

Como “medidas fundamentais”, o candidato apostou pola construción “dunha residencia de maiores, para coidar aos nosos maiores e xerar postos de traballo no concello”, ademais de “rematar a tramitación da declaración de augas termais que xa iniciamos para poñelas a disposición de inversores interesados na edificación dun hotel balneario a prol do emprego local”

“Fundaremos un padroado deportivo-turístico, que coa ampliación do Parque Náutico de Galicia axudará a consolidarnos como referente dos deportes náuticos de interior”, sinalou Avelino Pazos

“Continuaremos co Plan de Melloras de Viais Municipais, que iniciamos no ano 2020 ata arranxar todas as estradas e camiños do noso concello”, destacou o candidato, ademais de proseguir “o ensanche e mellora da estrada de Astariz a Macendo, da que xa conseguimos licitar a súa primeira fase”

No apoio ao sector vitivinícola, Avelino Pazos tamén avanzou no mitin a “creación dun polígono agroforestal para poñer máis terreo de viñedo a disposición dos nosos colleiteiros e adegueiros”

Relacionadas

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a todos os...

0
Esta campaña de promoción, a través do traballo do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade...

Cortes de tráfico na rúa Santo Domingo pola execución de obras, desde mañá até...

0
A rúa Santo Domingo estará pechada ao tráfico de vehículos desde o acceso pola rúa Concordia, o martes, 23 de abril e o mércores,...

Preto de 400 cicloturistas percorren a Baixa Limia na “Ourense Strade Termal”

0
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe no Balneario Caldaria de Lobios, no corte de cinta que daba...

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

Publicacións Relacionadas