Free Porn
xbporn
Home Ourense A Limia Manuel Baltar: “Os veciños de Trasmiras ven en Emilio Pazos ao alcalde...

Manuel Baltar: “Os veciños de Trasmiras ven en Emilio Pazos ao alcalde capaz de seguir facendo realidade demandas estratéxicas”

- Anuncio -

Emilio Pazos incidiu no mitin desta mañá en proxectos fundamentais que están en marcha neste concello como a residencia de maiores ou o parque empresarial, “unha iniciativa completamente chave para fixar poboación”

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta mañá na Casa de Cultura de Trasmiras, a xestión desenvolvida por Emilio Pazos ao fronte do Concello

“O 28 de maio, a xente vai a volver a votar a Emilio Pazos neste concello. Suma catro mandatos con maioría absoluta e así vai a seguir sendo, porque os veciños de Trasmiras ven nel a persoa que pode seguir facendo realidade demandas estratéxicas do concello”

Manuel Baltar insistiu na importancia da futura residencia de maiores de Trasmiras: “Un proxecto fundamental, que o Concello de Trasmiras fará en cooperación coa Deputación e a Xunta de Galicia, dous gobernos tamén liderados polo Partido Popular grazas aos votos dos veciños de Trasmiras”

“Emilio Pazos foi quen de artellar un equipo que vai a seguir traballando por Trasmiras. E o 28 de maio, Trasmiras devolverá a confianza pola xestión realizada nestes anos”, remarcou o presidente do PPdeOU

O presidente provincial e candidato á Deputación blindou o compromiso do goberno provincial, “igual que o acreditado colaboración da Xunta de Galicia”, no futuro de Trasmiras, “grazas á capacidade de Emilio Pazos para deseñar iniciativas transformadoras e de blindaxe dos servizos sociais e tecer potentes liñas de colaboración coas administracións”

“O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, “afonda na posición fundamental de Trasmiras e de toda a comarca da Limia, con proxectos estratéxicos como o centro de tratamento de residuos orgánicos ou a colaboración coas comunidades de regantes”

EMILIO PAZOS: “A ATENCIÓN AOS NOSOS MAIORES É FUNDAMENTAL. TEMOS A PUNTO UN PROXECTO FUNDAMENTAL, NO QUE LEVAMOS TEMPO TRABALLANDO, COMO É A RESIDENCIA DE MAIORES, QUE SERÁ REALIDADE CO APOIO DA DEPUTACIÓN E A XUNTA DE GALICIA”

Na súa intervención, Emilio Pazos agradeceu o apoio dos veciños ao longo destes anos -“fixéchedes moito máis fácil ser o voso alcalde”- e incidiu na importancia de ter aprobado o plan urbanístico, que “permitiu ter moi avanzada novas iniciativas pese ao parón provocado pola pandemia”

“O noso proxecto non é botar a un alcalde nin sequera gañar unhas eleccións. A nós so nos vale a maioría absoluta, porque o noso proxecto é seguir mellorando Trasmiras”

Emilio Pazos puxo en valor iniciativas en marchas neste concello: “Queremos un proxecto de futuro, un Trasmiras sólido, con bos apoios. Que unha familia que chegue a Trasmiras poida facer a súa casa e teña todas as facilidades para construír a súa vida aquí e poder gañar a súa vida aquí. Por iso para nós é fundamental o futuro parque empresarial, para poder fixar poboación”

“O sector primario é fundamental. Temos moitas explotacións, xestionadas por mozas e mozos do noso pobo, que temos que seguir apoiando como estamos facendo. Mellora de infraestruturas, limpeza de pistas, máis chan agrícola… esta é unha aposta de futuro”

“A atención aos nosos maiores é prioritaria. Tempos a punto un proxecto fundamental, que levamos moito tempo traballando, como é a residencia de maiores de 50 prazas. E será realidade co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense”

“Sabemos onde queremos chegar, sabemos como chegar. Temos o traballo feito, o mellor equipo. Necesitamos o voso apoio, non so o voso voto”, concluíu Emilio Pazos no mitin desta mañá

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas