HomeOurenseBaixa LimiaManuel Baltar: “Plácido Álvarez é un referente da xestión municipal en Galicia,...

Manuel Baltar: “Plácido Álvarez é un referente da xestión municipal en Galicia, un dos mellores alcaldes da nosa comunidade”

- Anuncio -spot_img

Na súa intervención, Plácido Álvarez destacou a importancia da cooperación e a aposta do seu goberno polo social: “Queremos seguir mellorando o Servizo de Axuda no Fogar, o comedor sobre rodas, a residencia de maiores, o CIM e a gardería infantil”

● O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta tarde no complexo do Corgo, “o traballo de Plácido Álvarez e de todo o seu equipo, coa capacidade para artellar proxectos dinamizadores do territorio, tecer novas liñas de colaboración coas administracións e seguir transformando Muíños”

● Manuel Baltar define ao candidato popular como “un referente da xestión municipal en Galicia: sen dúbida, Plácido Álvarez é un dos mellores alcaldes da nosa comunidade autónoma”

● “Plácido Álvarez ten visión provincial”, destaca o presidente do PPdeOU, “é creo que é un verdadeiro luxo para o Partido Popular levalo de novo como candidato en Muíños. E para os veciños é unha magnífica nova poder seguir contando con alguén que todo o que foi prometendo nestes mandatos foi facéndose realidade, situando a este concello coma unha referencia en prestación de servizos sociais e cuestións deportivas, turísticas ou patrimoniais”

● “Os proxectos que conforman o novo programa de goberno de Plácido Álvarez van a estar ben acompañados por outros gobernos populares, como o provincial, o da Xunta de Galicia e, no futuro, o do Goberno central, porque non esquezamos que o próximo presidente de España, Alberto Núñez Feijóo, coñece perfectamente onde está Muíños e coñece perfectamente a Plácido”

PLÁCIDO ÁLVAREZ: “SEGUIREMOS MELLORANDO O NOSO COLEXIO E O NOSO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO E ARQUEOLÓXICO”

● Na procura de “novos proxectos para seguir mellorando Muíños”, Plácido Álvarez agradeceu o apoio e respaldo do presidente provincial, Manuel Baltar, xunto ao do goberno autonómico, representado no mitin desta tarde por Román Rodríguez e Gabriel Alén

● “Queremos seguir mellorando o Servizo de Axuda no Fogar, o comedor sobre rodas, a residencia maiores, o CIM e a gardería infantil”, recalcou Plácido Álvarez, que tamén avanzou a implantación de novas estratexias para potenciar o emprego, “especialmente enfocadas para os máis novos”

● “Seguiremos mellorando o noso colexio, o noso patrimonio etnográfico e arqueolóxico e ampliaremos o programa ‘Xurés Experience”, remarcou o candidato popular

● Plácido Álvarez tamén destacou a aposta do seu goberno municipal polo turismo: “Acadaremos a declaración de ‘Concello de interese turístico de Galicia’, e implementaremos cabañas ecolóxicas, novos sendeiros e seguiremos mellorando o complexo do Corgo”

● Dentro da continua mellora dos servizos e infraestruturas do concello, explica Plácido Álvarez, “humanizaremos camiños en Muíños, Pazos e Quintá, e acondicionaremos unha senda peonil en Mugueimes-Abelleira-Rabeca, ademais de mellorar o abastecemento de auga”

● Entre os proxecto estratéxicos, o candidato popular destaca a “construcción do novo centro de saúde e aposta por proxectos fundamentais como unha nova nave para os GES e os servizos municipais; a base da unidade contra os lumes de Porqueirós ou completar a cobertura móbil e de Internet”

Publicacións Relacionadas