Home Ourense Allariz-Maceda Manuel Baltar: “Rubén Quintas é unha aposta segura, un alcalde apoiado pola...

Manuel Baltar: “Rubén Quintas é unha aposta segura, un alcalde apoiado pola súa veciñanza que agora obterá a maioría absoluta”

- Anuncio -

Na súa intervención, Rubén Quintas avanzou a creación dunha planta de bateas agrícolas, “coa garantía dun total de 122 postos de traballo directos e indirectos”

O líder provincial dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde na biblioteca de Maceda, “o bo traballo realizado por Rubén Quintas ao fronte do Concello”

“Rubén Quintas é unha aposta segura, un alcalde apoiado pola maioría da veciñanza que agora obterá maioría absoluta porque a súa xestión está aí”

Como exemplo do compromiso do candidato popular, Manuel Baltar destacou de Rubén Quintas o seu papel durante a pandemia, “na que foi sen dúbida un dos alcaldes de toda España que estivo máis ao carón da veciñanza, pendente en todo momento e actuando acorde a criterios emocionais e de atención aos veciños. Algo, sen dúbida, que todos puideron percibir”

Ademais do seu compromiso, o líder provincial popular puxo en valor o desenvolvemento de novas iniciativas: “Está a Maceda das obras, a Maceda da aposta pola cultura ou polo deporte, coa escola ciclista ‘José Antonio Hermida’ que é, sen dúbida, unha referencia estatal”

“Todo este traballo converten a Rubén Quintas no líder que necesita e merece Maceda”, destacou Manuel Baltar, que antepuxo esta candidatura fronte ao resto: “Ante Rubén non hai ninguén, non hai proxectos, trátase de colaborar entre eles para que el non sexa alcalde”

“O vindeiro 28 de maio, Maceda dará unha resposta contundente, porque esta vila necesita seguir por este camiño de solvencia e estabilidade. Unha ruta pola que Rubén Quintas e o seu equipo son unha garantía”

“A Deputación de Ourense sempre estará ao carón de Maceda, nunha liña de colaboración na que é chave a capacidade de Rubén e o seu equipo para deseñar proxectos transformadores”

“O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, “ten moi en conta as oportunidades e demandas deste territorio, con proxectos enfocados arredor da blindaxe dos servizos públicos, o turismo ou o deporte”

RUBÉN QUINTAS: “FOMENTAREMOS OS PRODUTOS AGROGANDEIROS DA NOSA ZONA, A TRAVÉS DUNHA OFICINA COMARCAL DO GANDEIRO”

Na súa intervención desta tarde, o candidato popular agradeceu a colaboración da Deputación e a Xunta de Galicia no desenvolvemento de proxectos estratéxicos

“Crearemos unha planta de bateas agrícolas, con garantía de 122 postos de traballo directos e indirectos”, destacou Rubén Quintas, que no mitin tamén avanzou a “construción da piscina municipal climatizada e a creación dun camping ao carón das piscinas municipais, co obxectivo de ser a Porta da Ribeira Sacra”

“Fomentaremos os produtos agrogandeiros da nosa zona, a través da creación dunha oficina comarcal do gandeiro. E implantaremos dous feiras anuais de gando no noso concello, para o fomento dos nosos produtos”

Como unha das medidas clave para o próximo mandato, o candidato do PPdeOU en Maceda destacou no mitin a construción dun auditorio municipal e un parquin público no centro da vila

“Reforzaremos o Servizo de Axuda a Domicilio, para seguir mellorando a atención aos nosos maiores”, sinalou Rubén Quintas, que tamén incidiu na humanización das rúas e a revitalización das estradas

Relacionadas

O corte de tráfico por obras na Avenida das Caldas aprázase até despois das...

0
O corte de tráfico da Avenida das Caldas aprázase até despois das Festas do Nadal. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, atendendo a...

A folga estatal do sector de transporte afectará o luns a 6 liñas do...

0
A folga de ámbito estatal do sector de transporte afectará o vindeiro luns, día 9 de decembro, a 6 liñas do servizo municipal de...

A parada de taxis da Alameda trasládase durante un mes á rúa Parada Justel...

0
Con motivo da instalación do Poboado de Nadal, a parada de taxis da Alameda trasladarase provisionalmente á rúa Parada Justel desde mañá, sábado, día...

A Deputación facilitará a compra online de libros do seu catálogo editorial, con traballos...

0
A institución provincial facilitará unha nova canle para acceder aos case 600 títulos que ten editados e que reflicten a realidade ourensá no seu...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos do...

O Concello pon á venda hoxe ás 12.00 h as entradas para os espectáculos...

0
O Concello de Ourense pón á venda as entradas para o espectáculo de Papá Noel que representará a compañía de Pablo Méndez o día...

Publicacións Relacionadas