HomeOurenseA LimiaManuel Baltar: “Susana Vázquez é unha líder, sempre chea de proxectos e...

Manuel Baltar: “Susana Vázquez é unha líder, sempre chea de proxectos e reivindicativa na procura do mellor para Porqueira”

- Anuncio -spot_img

Susana Vázquez agradeceu o apoio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia no desenvolvemento de iniciativas estratéxicas para o futuro de Porqueira no eido das infraestruturas ou dos servizos sociais

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación valorou no mitin, celebrado no Campo da Feira de Porqueira, o traballo de Susana Vázquez ao fronte do Concello, “unha muller que foi quen de converter ao Partido Popular na formación máis importante na historia política de Porqueira”

Manuel Baltar define á candidata popular como “unha líder, sempre chea de proxectos, sempre reivindicativa buscando o mellor para Porqueira e sempre acompañada pola veciñanza”

“Son días, semanas, meses, anos… dunha comuñón absoluta entre Susana Vázquez e os seus veciños. E o 28 de maio renovarase esta confianza, cunha nova maioría absoluta que significará seguir afondando no actual camiño de progreso e desenvolvemento”

Manuel Baltar garantiu “a máxima colaboración da Deputación con Porqueira, apoiada na capacidade de Susana Vázquez para tecer novos proxectos, proxectos realistas e transformadores, e saber sumar a cooperación do goberno provincial, a Xunta de Galicia e, axiña, ao Goberno central do ourensán Alberto Núñez Feijóo”

O presidente provincial e candidato á Deputación incidiu no peso específico asumido pola comarca da Limia dentro do Plan de Mandato 2127, con iniciativas estratéxicas coma a planta transformadora de residuos orgánicos ou a colaboración coas comunidades de regantes

SUSANA VÁZQUEZ RESALTOU A “PROXIMIDADE COS VECIÑOS, UNHA RELACIÓN FUNDAMENTAL PARA SEGUIR CONSTRUÍNDO PORQUEIRA”

Na súa intervención no mitin, Susana Vázquez agradeceu o “firme apoio” da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia no desenvolvemento de iniciativas estratéxicas para o futuro de Porqueira no eido das infraestruturas ou dos servizos sociais

A alcaldesa e candidata á reelección realizou un balance dos fitos conseguidos nos últimos anos, con proxectos coma a ampliación da residencia de maiores que frutificará nos próximos meses ou a humanización de espazos públicos, coas que conta co apoio do goberno provincial ourensán

Susana Vázquez resaltou a proximidade cos veciños, unha “relación estreita, que creo que é fundamental para seguir construíndo o futuro de Porqueira”

Sobre os proxectos para o próximo mandato, destacou a creación dun edificio multiusos, “no que se integren servizos variados para a realización de actividades lúdicos deportivas, recreativas ou exposicións”

Tamén aposta por continuar a rehabilitación das escolas e adquisición de novas vivendas para adicalas a vivendas sociais, “co fin de mellorar o acceso á vivenda dos mozos e outros colectivos con dificultades e así fixar poboación”

“Crearemos unha área de recreo no entorno da fervenza e acondicionaremos as rutas de sendeirismo existentes”, sinalou a candidata popular, que tamén avanzou “o acondicionamento das beiras do río Fírveda e a creación dunha ruta BTT”

A rexedora apostou pola creación de sendas peonís entre os núcleos do concello e por seguir impulsando o acondicionamento da Torre e do seu entorno, “ademais de poñer en valor outros recursos turísticos como as fontes tradicionais, fornos, muíños ou cruceiros”

Publicacións Relacionadas