Home O Ribeiro Castrelo de Miño Manuel Baltar visita a instalación da nova zona de saída do campo...

Manuel Baltar visita a instalación da nova zona de saída do campo de remo do encoro de Castrelo de Miño

- Anuncio -

O presidente da Deputación destacou que esta obra é “un novo compromiso deste goberno coa nosa estratexia de consolidación do ecosistema deportivo de Ourense e as potencialidades do turismo deportivo”

Esta infraestrutura, financiada polo goberno provincial, é imprescindible para acoller campionatos internacionais como a Coupe de la Jeunesse, que será presentada mañá xoves no Parque Náutico de Galicia

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou as obras da instalación da zona de saída do campo de remo do encoro de Castrelo de Miño. Esta infraestrutura está financiada polo goberno provincial e é imprescindible para acoller regatas internacionais coma a Coupe de la Jeunesse, que se celebrará nestas augas entre o 5 e o 7 de agosto.

Manuel Baltar estivo acompañado nesta visita polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, a directora da Área de Infraestruturas da Deputación, Marta Docampo, o coordinador técnico da Federación Española de Remo, Felipe García e o técnico do Club Náutico de Castrelo Gabriel Fernández, ademais do traballador da Deputación Ramón Bravo e da empresa concesionaria das obras.

O presidente da Deputación destacou que esta obra é “un novo compromiso da Deputación con Castrelo de Miño, cos deportes náuticos e coa nosa estratexia, fundamental, de avanzar na consolidación do ecosistema deportivo de Ourense e as potencialidades do turismo deportivo”.

Manuel Baltar resaltou como os prazos desta obra “están cumpríndose á perfección, para ter todo preparado para o día 5 de agosto, cando comece a Coupe de la Jeunesse, a primeira competición internacional de remo que acolle Ourense”.

Despois da supervisión destas obras en Castrelo de Miño, o presidente do goberno provincial volveu a lembrar que “os froitos do traballo de moitos anos vese agora, con fitos de primeirísimo nivel coma a Coupe de la Jeunesse, con centos de deportistas e adestradores das mellores seleccións do mundo que coñecerán Ourense xunto a técnicos e familiares. É evidente a repercusión económica, turística e de visibilidade que supón para o noso territorio”.

“O deporte de alta competición ten un aliado en Ourense”, completa Manuel Baltar, “apoiado na aposta da Deputación, a nosa capacidade organizativa -vital para a celebración da Coupe de la Jeunesse- e a chegada da Alta Velocidade, que supón un plus de diferenciación que estamos impulsando e rendibilizando a través de eventos como este”.

A zona de saída que está rematándose de construír estes días consta cun pantalán flotante -de dous metros útiles de ancho entre bordas e 100 metros de lonxitude-, unha pasarela flotante para unir o pantalán de saída coa caseta do xuíz aliñador, oito “fingers”, unha “star tower” e unha instalación semafórica e soportes para a numeracións de calles.

Presentación da Coupe de la Jeunesse

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentará maña, as 12,30 horas no Parque Náutico de Galicia, a Coupe de la Jeunesse 2022. Estará acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, o vicepresidente da Federación Española de Remo, Ricardo Unzueta, o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas, o director xeral de Caldaria, Javier Soto, e a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte.

A Coupe de la Jeunesse é unha proba que se desenrola de modo anual entre os mellores remeiros de dezaseis países europeos, con idades entre os 16 e os 18 anos. Esta será a primeira proba internacional de remo que se disputará en Ourense, despois de estar asentada como un lugar de adestramento para seleccións nacionais e internacionais nas instalacións do Cerlac en Castrelo, Arnoia e Cenlle.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

Publicacións Relacionadas