Free Porn
xbporn
Home Ourense A Limia Manuel Baltar: “Xinzo de Limia merece unha maioría absoluta do Partido Popular...

Manuel Baltar: “Xinzo de Limia merece unha maioría absoluta do Partido Popular para recuperar o camiño do progreso”

- Anuncio -

Manuel Baltar: “Xinzo de Limia merece unha maioría absoluta do Partido Popular para recuperar o camiño do progreso”

Antonio Fernández: “Crearemos un centro de iniciativas empresariais e un viveiro de empresas para apoiar ao emprendemento e facilitar a captación de proxectos e investimentos”, explicou Antonio Fernández

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense destacou no mitin, celebrado esta noite na Casa da Cultura, a necesidade de abrir un novo ciclo en Xinzo de Limia

“Toni Fernández preséntase como un potente líder da candidatura despois de gañar en 2019 e liderar durante catro anos a oposición. Suma décadas de compromiso co territorio, e a partir deste domingo será o alcalde que merece Xinzo de Limia”

“O Partido Popular presenta en Xinzo unha candidatura excelente, preparada para gobernar dende o minuto un, e que aspira xa non so a volver a gañar -como fixemos no 2019- senón a acadar a necesaria maioría absoluta”

“A maioría absoluta do Partido Popular significa progreso, e Xinzo de Limia é un bo exemplo, con políticas ben deseñadas que permitiron dinamizar unha das vilas máis importantes de Galicia. E a partir do 28 de maio volveremos a facelo”

“Xinzo de Limia merece unha maioría absoluta do Partido Popular para recuperar o camiño do progreso. E todo está encamiñado a unha gran maioría absoluta o domingo, que referendará as gañas de cambio”

“A Deputación de Ourense sempre está e estará ao carón dos concellos. E necesita iniciativas ben deseñadas e artelladas por parte dos concellos, un traballo garantido pola candidatura do Partido Popular de Xinzo”

O Plan de Mandato 2127”, destacou na súa intervención Manuel Baltar, inclúe accións estratéxicas enfocadas na potenciación da comarca da Limia como é a planta de transformación de residuos orgánicos, ademais doutros proxectos deseñados para “reforzar as nosas apostas pola dinamización económica, o emprendemento da mocidade, o turismo ou o blindaxe dos servizos sociais”

ANTONIO FERNÁNDEZ: “QUEREMOS UN XINZO DE LIMIA MÁIS SOCIAL. CONSTRUIREMOS UN NOVO XERIÁTRICO MUNICIPAL E PROMOVEREMOS A IMPLANTACIÓN DE CASAS NIÑO E CASAS DO MAIOR”

O candidato popular remarcou no mitin desta noite a importancia da capacidade de deseñar proxectos e atopar a colaboración institución para desenvolver o concello

“Crearemos un centro de iniciativas empresariais e un viveiro de empresas para apoiar ao emprendemento e a captación de proxectos e investimentos”, explicou Antonio Fernández

“Queremos dinamizar a ampliación do parque industrial que está realizando a Xunta de Galicia e crear postos de traballo”, remarcou o líder da candidatura popular

“Queremos un Xinzo de Limia máis social: construiremos un novo xeriátrico municipal e promoveremos a implantación de casas niño e casas do maior”

“O noso compromiso é máximo co medio rural”, recalcou o candidato popular de Xinzo de Limia, que avanzou a aposta por construír plantas de tratamento dos puríns para “transformar e aproveitar os residuos que favorezan o respecto e revalorización do medio ambiente e supoñan un valor engadido aos nosos produtos”

Entre os proxectos estratéxicos, Antonio Fernández destacou na súa intervención desta noite a construción do auditorio municipal, ademais de apoiarse no Plan Urbe para rehabilitar o casco histórico do Barrio de Abaixo

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas