HomeOurenseOurenseManuel Cabezas: “Estou convencido de que gañaremos con maioría absoluta e que...

Manuel Cabezas: “Estou convencido de que gañaremos con maioría absoluta e que faremos de Ourense unha cidade da que sintamos orgullosos”

- Anuncio -spot_img

· O candidato á alcaldía de Ourense e presidente da Xunta Local do Partido Popular, Manuel Cabezas, asegura que percibe as mesmas sensacións que tiña cando se presentou ás súas primeiras eleccións municipais no ano 95, “por iso estou convencido de que imos gañar as eleccións con maioría absoluta, que imos cambiar as cousas, a formar un goberno que poida tomar decisións diferentes ás que se están tomando hoxe e que fagan que Ourense sexa unha cidade da que sintamos orgullosos, como o conseguimos naqueles doce anos”.

· Manuel Cabezas ve na actualidade “unha situación de apatía, de nulas expectativas de futuro, cando Ourense ten que ser un desafío para calquera e os verdadeiros desafíos nas transformacións urbanas son os cambios ecolóxicos, sociais e económicos. Hoxe, con todo, a cidade non avanza na dirección correcta”. A capital, afirma, “queda atrás nese desenvolvemento que tiña que continuar despois do que eu chamo a primeira gran transformación da cidade”.

· Para o candidato popular pode dar a sensación de que o Concello está nunha situación económica aceptable, “pero neste momento é complicada e difícil, cuns ingresos correntes que non cobren os gastos. Na rúa, no día a día, moitas persoas entenden que neste momento destínanse recursos a cousas que aparentemente poden ser innecesarias e estase hipotecando gravemente o futuro de Ourense”

· Tras reunir se con máis de sesenta asociacións e colectivos, “trasládanme que hoxe non se lles escoita. En política municipal é fundamental traballar á beira das persoas. Se non escoitas á xente é imposible que poidas acertar nas decisións que tomas, por iso a min interésame escoitar, recoller achegas para o futuro de Ourense”.

· Manuel Cabezas sostén que antes que programas electorais prefire falar de proxectos. Ourense, di, “móstranos moi claramente por onde hai que incidir; somos unha cidade de ríos que necesita pontes e pasarelas; somos capital termal e necesitamos non un, senón dous ou tres balnearios; hai que recuperar un centro histórico que cae a pedazos; definir propostas para aproveitar o AVE; e tamén novas infraestruturas, por exemplo unha idea na que estamos a traballar como é unha alternativa a Marcelo Macías”.

· A cooperación con outras administracións é indispensable para Manuel Cabezas “e como goberno municipal teremos esa capacidade de colaboración porque temos un goberno do Partido Popular en Galicia e teremos un goberno do Partido Popular en Madrid”. O candidato pregúntase se coa situación actual no Concello “pódese acudir a outras administracións e que che tomen en serio, e neste momento non nos toman en serio”.

· Manuel Cabezas pide aos cidadáns que reflexionen: “Hoxe o que se está facendo non beneficia á cidade e as cousas poden seguir como están ou rotar 180 graos e mirar cara ao futuro doutra maneira, e ademais facelo con respecto e moderación tentando chegar acordos con outros grupos políticos. Aspiramos á maioría absoluta, pero non descarto, nin aínda téndoa, pactar con outros grupos que queiran traballar na dirección adecuada. A todo o que estea disposto a facer xestión eu ábrolle os brazos”.

Publicacións Relacionadas