HomeOurenseManuel Cabezas recolle as achegas dos distritos da cidade para definir as...

Manuel Cabezas recolle as achegas dos distritos da cidade para definir as súas propostas de mandato

- Anuncio -spot_img

· O candidato á alcaldía de Ourense agradeceu “o importante esforzo de semanas escoitando aos residentes das distintas zonas da cidade”

· A finais do presente mes concluirá a rolda de contactos que lle levou a reunirse con preto de 70 asociacións, colectivos e representantes individuais de todos os sectores da capital

O candidato á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, reuniu aos representantes dos cinco distritos da cidade -Centro, San Francisco, Couto, Mariñamansa e Ponche- para recoller as achegas formuladas desde os distintos barrios da capital e que, tras o seu estudo e valoración, serán incorporadas ás propostas de mandato que Manuel Cabezas presentará á cidadanía.

O candidato, que agradeceu “o importante esforzo de semanas escoitando aos residentes das distintas zonas da cidade”, detallou pola súa banda algunhas das achegas máis relevantes recollidas nas preto de 70 entrevistas mantidas con asociacións, colectivos e representantes individuais dos sectores económicos, sociais, culturais ou deportivos.

Este proceso, adiantou Manuel Cabezas, concluirá a finais de marzo para comezar despois a presentación das súas propostas por toda a capital.

Publicacións Relacionadas