Home Ourense Manuel Cabezas reitera a súa disposición ao diálogo con PSOE e BNG:...

Manuel Cabezas reitera a súa disposición ao diálogo con PSOE e BNG: “Se de verdade é unha situación de emerxencia, tan difícil é sentar a falar?”

- Anuncio -

• Ante a coincidencia de posturas sobre o escenario municipal ourensán, Cabezas optou por propoñer mediante convocatoria pública unha reunión que, entende, “non podiamos pospoñer por máis tempo, porque a maioría dos ourensáns así nolo reclaman”

• Se PP, PSOE e BNG “demostramos a nosa capacidade de entendemento, asinando documentos de apoio a colectivos agredidos que agora nos demandan un acordo, por que entón non podemos buscar conxuntamente unha solución para Ourense”, pregúntase o candidato popular

• A situación de Ourense non é similar á do resto de Galicia, polo que en ningún caso a cidade pode entrar na estratexia xeral de pactos: “En Ourense danse circunstancias extraordinarias que necesitan solucións extraordinarias”

• Manuel Cabezas tentará unha nova reunión para a próxima semana e afirma que non busca protagonismo: “Se lles supón un problema que sexa eu quen lles convoque, que me citen eles a min, pero sentémonos a falar”

O candidato á alcaldía de Ourense polo Partido Popular, Manuel Cabezas, reitera a súa disposición ao diálogo para explorar posibles vías #de acordo con PSOE e BNG, que permitan ofrecer unha alternativa de goberno que poña fin á situación vivida no Concello de Ourense durante os últimos anos.

Manuel Cabezas fai este novo chamamento ao diálogo tras a negativa de socialistas e nacionalistas a reunirse co candidato popular. “Se de verdade Ourense vive unha situación de emerxencia, tan difícil é sentar a falar?”, lamenta Cabezas tras a falta de resposta á súa invitación.

Ante a coincidencia de posturas entre PP, PSOE e BNG sobre o escenario municipal ourensán, expresadas antes e durante toda a campaña electoral, Manuel Cabezas optou por propoñer mediante convocatoria pública unha reunión que, entende, “non podiamos pospoñer por máis tempo, porque a maioría dos ourensáns así nolo reclaman, pedindo que nos sentemos a dialogar e buscar alternativas”.

A convocatoria de onte, engade Cabezas, “é unha chamada á cordura, a ser consecuentes co afirmado durante todo este proceso electoral”. Se PP, PSOE e BNG “demostramos #ante os ourensáns a nosa capacidade de entendemento, asinando documentos de apoio a colectivos agredidos que agora nos demandan un acordo, por que entón non buscar conxuntamente unha solución para Ourense, á marxe de estratexias e coalicións”.

A situación de Ourense non é similar á do resto de concellos de Galicia, destaca o candidato popular, polo que en ningún caso a cidade pode entrar na estratexia xeral de pactos: “En Ourense danse circunstancias extraordinarias que necesitan solucións extraordinarias”.

CABEZAS PROPÓN UNHA NOVA REUNIÓN A PRÓXIMA SEMANA

Manuel Cabezas non claudica no seu empeño: “Dixen que buscaría un acordo con PSOE e BNG para que non se volva a repetir a anomalía política sufrida no Concello nestes últimos anos e así o manteño”.

Neste sentido anuncia que a próxima semana volverá tentar unha nova reunión a tres bandas, subliñando que “non busco ningún protagonismo á hora de establecer un diálogo entre todos”. Así, convida a PSOE e BNG a que “se lles supón un problema que sexa eu quen lles convoque, que me citen eles a min, pero sentémonos a falar”.

Relacionadas

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a todos os...

0
Esta campaña de promoción, a través do traballo do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade...

Cortes de tráfico na rúa Santo Domingo pola execución de obras, desde mañá até...

0
A rúa Santo Domingo estará pechada ao tráfico de vehículos desde o acceso pola rúa Concordia, o martes, 23 de abril e o mércores,...

Preto de 400 cicloturistas percorren a Baixa Limia na “Ourense Strade Termal”

0
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe no Balneario Caldaria de Lobios, no corte de cinta que daba...

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

Publicacións Relacionadas