● O cabeza de lista do PPdeG en Montederramo o vindeiro 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdeG a súa ilusión e responsabilidade por liderar a candidatura popular no seu concello
● “Queremos reforzar o posicionamento de Montederramo, para que se coñeza máis na provincia de Ourense e en toda Galicia. Todo o que se faga por Montederramo axuda”, explica Marco Carballal, que releva ao fronte da candidatura do PP de Montederramo a Antonio Rodríguez, actual alcalde
● “Levo con moita ilusión ser o candidato máis mozo do PPdeG na provincia de Ourense. Porque as persoas de todas as idades somos fundamentais para a política. Temos que sumar todas as ideas: o único importante é querer ao noso concello”, explica Marco Carballal
● “Son unha persoa traballadora e responsable. Dúas palabras que creo que me definen e que quero que definan a miña campaña”
● “Montederramo é unha das miñas paixóns. Do meu concello gústame todo: somos a porta de entrada da Ribeira Sacra, temos o mosteiro, a gastronomía, a cultura, a paisaxe…”
● “Apostarei por reforzar o apoio aos emprendedores: todo aquel que chegue ao concello cun proxecto de emprendemento terá aínda máis apoio por parte do Concello”
● “Gústame moito o deporte, é o meu mundo laboral e tamén o meu ocio. Correr, carreiras populares… Gústame ler libros arredor do deporte e a política. Tamén ‘Memorias dun neno labrego’, un libro que me marcou moito”
● “Traballo nunha residencia de maiores. Cada día aprendo deles cousas do concello e das súas propias experiencias. E aí aprendín a importancia decisiva de apoiar políticas públicas enfocadas en todas as idades. Unha das miñas prioridades é loitar pola xente maior do noso pobo”
UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS
· O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
· A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías