Home Ourense A Limia Martínez Allegue defende a importancia dos fondos europeos para o desenvolvemento do...

Martínez Allegue defende a importancia dos fondos europeos para o desenvolvemento do rural e do sector primario ourensán

- Anuncio -

·        A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas subliñou que tamén son básicas “as políticas que deseñamos desde Galicia e que inciden de xeito decisivo nas vosas vidas”. Así, mencionou, nos últimos anos a Xunta ten investidos máis de 7 millóns de euros na mellora da mobilidade na comarca da Limia mediante acondicionamentos de viais

 ·        Nunha das maiores zonas agrícolas e gandeiras da comunidade, Luis Menor asegurou que para o PP o sector primario é unha prioridade, contexto no que enmarcou a proposta popular para a creación dunha comisaría específica de agricultura

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, defendeu hoxe en Xinzo de Limia a importancia dos fondos europeos para o desenvolvemento do rural e do sector primario ourensán, como “parte fundamental e motor da nosa economía”.

Na capital da comarca da Limia, Martínez Allegue participou nun mitin do Partido Popular de Ourense, acompañada polo seu presidente, Luis Menor, no marco da campaña ás Eleccións Europeas do próximo domingo.

Malia a importancia dos fondos europeos, a conselleira puntualizou que tamén son básicas “as políticas que deseñamos desde Galicia e que inciden de xeito decisivo nas nosas vidas”. Así, mencionou, nos últimos anos a Xunta de Galicia ten investidos máis de 7 millóns de euros na mellora da mobilidade na comarca da Limia mediante acondicionamentos de viais.

Lembrou tamén o deseño dun plan Hurbe que permitirá a mellora de rúas do casco histórico de Xinzo, cun investimento que supera os 800.000 euros e que permitirá a posta en valor deste conxunto histórico de enorme atractivo.

María Martínez advertiu na súa intervención que o 9 de xuño “temos unha cita crucial co futuro da nosa terra”. Nun momento onde Europa enfronta desafíos importantes, desde a transición enerxética ata a xestión da migración e a dixitalización, “é fundamental que a nosa soe con forza e claridade”.

O Partido Popular, engadiu, representa o mellor compromiso de traballo  incansable, afastado de liortas e loitas de poder, de intereses non desexados nin políticas improvisadas: “O único proxecto que quere liderar unha Europa segura, próspera e, sobre todo unida”.

LUIS MENOR: O PP GARANTE AS POLÍTICAS QUE PROTEXEN O CAMPO

Pola súa banda, o líder popular PP de Ourense, Luis Menor, pediu o voto para o PP como garante das políticas que protexen o campo, aos traballadores e ás empresas do sector primario, “fronte á ruína para o rural que supón Sánchez”.

Nunha das maiores zonas agrícolas e gandeiras de Galicia, Luis Menor asegurou que para o PP o sector primario é unha prioridade. Neste contexto enmarcou a proposta popular para a creación dunha comisaría específica de agricultura que, entre outras, teña competencias específicas en materia de auga.

“Aí está xa o Partido Popular de Ourense -dixo Luis Menor- que a través da Deputación colabora xunto con outras administracións na ampliación, mellora e modernización do regadío na Limia”.

Afirmou tamén que o PP ten unha implantación tan forte no territorio “que ninguén pode dicirnos que non saibamos das necesidades e demandas das mulleres e homes do campo”, citando como exemplo do compromiso popular co sector primario “o importantísimo traballo que desenvolve o centro agrogandeiro da Deputación de Ourense, ofrecendo apoio e asistencia a agricultores e gandeiros para conseguir maior produtividade dun xeito sostible nas súas explotacións”, sen esquecer tamén o centro agroforestal de Riós, onde os mellores técnicos traballan para conseguir unha axeitada explotación da castaña.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas