Home O Ribeiro Castrelo de Miño Medio cento de piragüistas disputarán entre Ourense e Castrelo de Miño unha...

Medio cento de piragüistas disputarán entre Ourense e Castrelo de Miño unha das tres etapas da Gold River Race de longa distancia

- Anuncio -

Na presentación da regata, no Club Náutico de Castrelo, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, destacou o “compromiso institucional” cos organizadores, que queren converter esta cita “nunha proba de referencia no calendario internacional e promocionar o río Miño como actor imprescindible do piragüismo”

Do 13 ao 15 de maio, os participantes nesta segunda edición atravesarán Galicia de norte a sur a través do río Miño, cunha etapa ourensá de 30 quilómetros que partirá da ponte romana na capital e chegará ao Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, pasando polo tramo do río que discorre polos concellos de Toén e Cenlle

A segunda edición da Gold River Race de piragüismo, na que participarán medio cento de deportistas que do 13 ao 15 de maio atravesarán Galicia de norte a sur a través do río Miño, disputará en Ourense unha das tres etapas das que consta esta regata de longa distancia. Será un percorrido de 30 quilómetros que partirá da ponte romana na capital e chegará ao Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, pasando polo tramo do río que discorre polos concellos de Toén e Cenlle.

A regata foi presentada esta mañá nas instalacións do Club Náutico de Castrelo de Miño nun acto no que participou o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, que valorou positivamente “a ilusión dos organizadores -clubs náuticos das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra- por converter esta regata nunha proba de referencia no calendario internacional de longa distancia, así como promocionar o río Miño como un referente no deporte do piragüismo”.

“Cando as cousas saen ben unha vez adoitan consolidarse no tempo” subliñou o vicepresidente, e tralo éxito do pasado ano “hoxe asistimos á presentación dunha nova edición que conta cun compromiso institucional moi claro por parte da Deputación”. Tamén colabora nesta regata a Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, representada no acto polo delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén.

Acompañado polo tenente alcalde de Ourense, Armando Ojea, e os alcaldes de Toén e Cenlle, Ricardo González e José Manuel Rodríguez, o rexedor de Castrelo de Miño e anfitrión, Avelino Pazos, destacou a dureza dunha proba “que reunirá aos mellores piragüistas nunha auténtica aventura de tres días”, lanzando ademais unha mensaxe “de cooperación e man tendida co resto de concellos da comarca do Ribeiro para que tamén se sintan representados no Parque Náutico de Galicia”.

Competición en modalidade K2 con tripulación masculina e feminina

No acto desta mañá tamén interviñeron o director de zona de Abanca en Ourense, Carlos Díez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; Brandán Fombellida en representación da empresa patrocinadora Vanguard e do resto de firmas que colaboran na proba; e a presidenta do Club Marítimo de Vigo, Zulema Prado, que detallou algúns aspectos dunha regata na que se darán cita medio cento de piragüistas na modalidade K2 con tripulación masculina e feminina, ademais de incorporar nesta edición as categorías máster e gran máster.

A Gold River Race de 2022 ten unha lonxitude total de 100 quilómetros divididos en tres etapas. O día 13 disputarase a primeira proba entre Lugo e o encoro de Belesar con 50 quilómetros, pasando por Portomarín e Taboada. Ao día seguinte celebrarase a etapa entre Ourense e Castrelo de Miño. No terceiro e último día, os deportistas partirán da praia fluvial de Selas, en Crecente, pasando por Arbo, As Neves e con remate en Salvaterra do Miño.

Relacionadas

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no...

0
O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe...

0
Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto A Xunta de Goberno...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva”, dotado...

0
As entidades sociais poderán recibir ata 10.000 euros da Deputación de Pontevedra para promover actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas O...

Publicacións Relacionadas