HomeDeputaciónsDeputación OurenseMenor saúda a afección no partido Maside-Nogueira de Ramuín e pon en...

Menor saúda a afección no partido Maside-Nogueira de Ramuín e pon en valor o investimento da Deputación nos campos de fútbol provinciais

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial destacou as melloras no Outeiro Grande, que estrea instalación de céspede artificial e unha iluminación renovada

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ao partido de fútbol Maside-Nogueira de Ramuín (encontro da liga 1ª Galicia Futgal), onde puxo en valor as recentes obras do campo Outeiro Grande, cunha instalación de céspede artificial e unha iluminación renovada, grazas ao investimento de 250.000 euros.

Menor asegurou que o céspede, xunto a reforma de vestiarios, “vai marcar un antes e un despois” para o que no seu momento foi un dos primeiros campos da provincia en ser de herba artificial, o de Maside.

A Deputación ten unha liña de actuación estratéxica para a mellora de campos de fútbol municipais en toda a provincia, así como en xeral un firme e decidido compromiso coa modernización de todo tipo de instalacións deportivas.

Así, ten un plan de investimentos que supera os 3,6 M€, procurando tecer unha rede de infraestruturas deportivas actualizadas, seguras e axeitadas financiando, por exemplo, a colocación de céspede artificial, melloras nos vestiarios, gradas ou iluminación.

Publicacións Relacionadas