Home Ourense Baixa Limia Muíños acolle a única “Gladiator Race” que se celebra este ano en...

Muíños acolle a única “Gladiator Race” que se celebra este ano en España

- Anuncio -

O evento, organizado polo Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, reuniu hoxe a preto de 500 participantes procedentes de quince provincias españolas e do norte de Portugal que puideron gozar dunha das probas máis espectaculares que se realizan ao longo do ano na provincia de Ourense

Emma González, quen participou hoxe no corte de cinta na saída deste evento deportivo, afirmou que é “a última proba que organizamos este ano, e que ao igual cas anteriores, demostra o potencial que ten a nosa provincia como destino de turismo deportivo”

O complexo turístico do Corgo acolleu hoxe a única carreira de obstáculos desta modalidade deportiva que se celebra este ano en España, a “Gladiator Race”, organizada polo Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, que reúne nesta segunda edición a preto de 500 participantes procedentes de quince provincias españolas e do norte de Portugal. Os participantes tiveron a oportunidade de gozar dunha das probas máis espectaculares que se realizan ao longo do ano na provincia de Ourense ao mesturar deporte e aventura nunha contorna paisaxística e natural sen parangón como a que ofrece o municipio de Muíños.

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe, xunto ao concelleiro de Muíños, Israel León, no corte de cinta na saída da “Gladiator Race” que é “a última proba que organizamos este ano, e que ao igual cas anteriores, demostra o potencial que ten a nosa provincia como destino de turismo deportivo”, dixo a xerente do Inorde.

A colaboración entre o Inorde e a Axencia de Turismo de Galicia permitiu, que un ano máis, “puideramos realizar diversas actividades de dinamización turística na nosa provincia, atraendo a numerosos visitantes ao noso territorio e poñendo en valor os nosos recursos turísticos, naturais e patrimoniais”, salientou Emma González.

No marco deste convenio realizáronse ao longo do ano diferentes probas que “revalorizaron os recursos da nosa provincia influíndo positivamente no desenvolvemento económico e social sostible da provincia”, salientou a xerente do Inorde. Así mesmo, este tipo de actividades contribúen a “desestacionalizar a oferta turística, promocionar o noso potencial turístico a través do deporte e ser un pulo para os sectores económicos de proximidade”.

A “Gladiator Race” ofreceu nesta segunda edición un percorrido de algo máis de 6 quilómetros ao longo dos cales os participantes deberon superar 25 obstáculos que inclúen subir por pirámides, zonas de equilibro e moitas aventuras máis, que puxeron a proba a súa capacidade de superación. Ademais, ao longo da carreira tamén tiveron que esquivar a gladiadores, unhas das características singulares desta proba ao incluír actores que farán aínda máis duro o percorrido.

O 80% dos inscritos no evento deportivo participaron en grupos que tiveron que superar o alto nivel de esixencia da proba e demostraron o espírito de colaboración dos deportistas, ata o punto de que nun dos equipos figura un corredor que fará o circuíto en cadeira de rodas, axudado polos seus compañeiros.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas