A competición, organizada pola Federación Galega de Piragüismo co apoio da Deputación de Ourense, conta cunha inscrición de 41 clubs galegos e 636 deportistas pertencentes ás categorías cadete e infantil
Esta xornada de competición, fixada orixinalmente para o pasado 11 de marzo, tivo que ser suspendida entón por condicións climatolóxicas adversas
O complexo deportivo O Corgo, no concello de Muíños, acolle este domingo, 2 de abril, o Campionato Galego de Inverno de xóvenes promesas en K1-C1, organizado pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración coa Deputación de Ourense.
A competición, que engloba ás categorías cadete e infantil, dará comezo ás 10,00 horas e contará cunha participación de 636 deportistas pertencentes a 41 clubs de toda Galicia. O percorrido das probas será de 3.000 metros na categoría infantil e 5.000 metros na categoría cadete. Esta xornada de competición, fixada orixinalmente para o pasado 11 de marzo, tivo que ser suspendida entón por condicións climatolóxicas adversas.