Free Porn
xbporn
Home O Carballiño Maside Nacho Campo encabezará a lista do PPdeOU en Maside

Nacho Campo encabezará a lista do PPdeOU en Maside

- Anuncio -

· O presidente provincial, Manuel Baltar, define a Nacho Campo coma “unha persoa nova, formada e comprometida co proxecto do PPdeOU; e sobre todo unha persoa vencellada a Maside e cun sobresaínte coñecemento do territorio”

· Manuel Baltar destaca do novo candidato “a súa capacidade e ilusión para tecer novos proxectos transformadores en Maside”

· O candidato popular avanza que “asumo esta responsabilidade dende a humildade, pero creo que coñecendo as necesidades demandadas polos veciños e veciñas do noso concello”

Nacho Campo encabezará a lista do PPdeOU en Maside nas vindeiras eleccións municipais. O presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse co novo cabeza de lista para perfilar os detalles da candidatura, definindo a Campo como “a persoa perfecta para liderar o futuro de Maside”.

Nacho Campo (1997) estudou o grao de Dereito na Universidade de Vigo e é na actualidade o presidente provincial de Novas Xeracións. “É unha persoa nova, formada e comprometida co proxecto do Partido Popular de Ourense”, valora Manuel Baltar. “E sobre todo Campo é unha persoa moi vencellada a Maside, o seu pobo, cun sobresaínte coñecemento do territorio e con capacidade e ilusión dabondo para tecer novos proxectos transformadores”.

Manuel Baltar resume a candidatura de Nacho Campo como “unha excelente nova para o PPdeOU e unha excelente nova para os veciños de Maside”.

Pola súa banda, Nacho Campo destaca que “o Partido Popular de Ourense demostra unha vez máis, con feitos, a súa aposta pola xuventude”. O candidato popular tamén avanza que “asumo esta responsabilidade dende a humildade, pero creo que coñecendo as necesidades demandadas polos veciños e veciñas do noso concello. Maside necesita un cambio e eu intentarei ser a persoa que o impulse xunto ao meu equipo”.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas