Home Ourense Allariz-Maceda Nacho Campo, Marco Carballal e Manuel Fernández participaron na presentación dos candidatos...

Nacho Campo, Marco Carballal e Manuel Fernández participaron na presentación dos candidatos más novos do PPdeG

- Anuncio -

Os cabezas de lista de Maside, Montederramo e Baños de Molgas interviron no acto presidido por Alfonso Rueda, que reivindicou aos candidatos máis novos do PPdeG: “A xente moza ten que estar tomando decisións e dirixindo”

“Se somos o partido que máis se parece a Galicia e porque Galicia evoluciona e da cada vez máis oportunidades á xente moza”, engadiu

O líder dos populares galegos prometeu seguir traballando para que “a mocidade galega poida ser libre para decidir o quere facer e conte cos medios para facelo”

En clave electoral, pediu aos seus “non confiarse” e animounos a facer o que mellor saben: “Falar coa xente, escoitar, estar na súa, intentar acertar e ser humildes”

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe aos candidatos e candidatas máis novos da súa formación porque considera que son “o reflexo da Galicia que avanza e evoluciona”, e avogou por brindarlles a oportunidade de demostrar todo o que poden facer polos seus concellos: “Galicia é futuro e o futuro de Galicia é da xente nova”.

Así o manifestou hoxe durante o acto no que se presentaron aos once candidatos máis novos do PPdeG ás eleccións municipais do 28 de maio. Uns candidatos que, na súa opinión, evidencian que para os populares “non existen cotas”, senón “a demostración de saber facer ben as cousas”. Neste sentido engadiu: “Se somos o partido que máis se parece a Galicia é porque Galicia evoluciona e dá cada vez máis oportunidades á xente moza”.

“A xente moza ten que estar tomando decisións e dirixindo”, remarcou Alfonso Rueda antes de pedir aos seus “o máximo esforzo” para acadar os mellores resultados o 28 de maio: “Ninguén tivo nunca bos resultados se se confía e non traballa. Temos que facer o que mellor sabemos: falar coa xente, escoitar, estar na rúa, intentar acertar e ser humildes”.

Para o líder dos populares galegos, o acto celebrado hoxe na Cidade de Cultura de Santiago é a demostración de que “a xuventude galga é libre para estar onde queira e por iso está no Partido Popular de Galicia”. A este respecto asegurou que seguirá traballando para que “a mocidade galega poida ser libre para decidir o quere facer e conte cos medios para facelo”.

En clave electoral, Alfonso Rueda reivindicou ao PPdeG como o único partido que ten designados a todos os seus candidatos e que pode presentar candidaturas nos 313 concellos de Galicia. A todos eles animounos a traballar por acadar maiorías absolutas o vindeiro 28 de maio: “Ningún dos nosos candidatos vai gobernar se non son os máis votados, porque as regras de xogo son inxustas desde o punto de vista da vontade da xente. Así que hai que facer un esforzo máximo, traballar intensamente o os éxitos chegarán”.

UN FUTURO ENTRE TODOS

O acto, ao que asistiron 150 membros de Novas Xeracións, contou coa presenza da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, a responsable de Xuventude no Goberno galego, Fabiola García, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo.

Este último reivindicou que “fronte á xeración gris na que nos quere converter o PSOE e fronte á Galicia pequena do BNG”, no PPdeG “hai unha xeración chamada a construír a mellor Galicia da historia e un futuro entre todos”.

Pola súa banda, a coordinadora xeral de Novas Xeracións de Galicia, Eugenia Vizcaíno, exerceu de moderadora nas diferentes mesas redondas que tiveron lugar ao longo da xornada e na que interviñeron os once candidatos: Lara Meneses (Tomiño, 1996), Manuel Fernández (Baños de Molgas, 1992), José Rodríguez (Ribas de Sil, 1999), Luis Insua (Fisterra, 1992), Nacho Campo (Maside, 1997), Miguel Gallego (Samos, 1998), Fernando Couce (Cabanas, 1992), Carlos Rodríguez (O Rosal, 1993), Nicole Grueira (Pol, 2001), Iván Caamaño (Catoira, 1996) e Marco Carballal (Montederramo, 1999).

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas