HomeOurenseOurenseNova portada ás xustas demandas dos usuarios do ferrocarril: o ministro Óscar...

Nova portada ás xustas demandas dos usuarios do ferrocarril: o ministro Óscar Puente volve negarse a recuperar as paradas do AVE na Gudiña suprimidas o 9 de xuño do pasado ano

- Anuncio -spot_img

· O ministro de Transportes que en decembro de 2025 afirmou que a principios de 2026 se recuperarian as paradas suprimidas na Gudiña e Sanabria mediante a implantación dunha nova frecuencia matinal desde Lugo, agora limítase a dicir que “Se se detecta que a oferta non se axusta ás necesidades dos viaxeiros, analizaranse as posibilidades técnicas para adecuala, sempre baixo criterios de eficacia, eficiencia e sustentabilidade”.

· Asistimos a un desprezo maiúsculo aos miles de usuarios das comarcas ourensás de Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, Conso-Frieiras e A Limia. “Oito meses despois se queren tomar polas mañás o tren desde a estación da Gudiña non teñen máis opción que tomar un AVLO ás 12:06 para chegar a Madrid-Chamartin ás 14:08. “É indignante que se diga que estes horarios garanten a mobilidade e que contribúen á cohesión territorial” afirma Celso Delgado.

Os deputados ourensáns do Partido Popular de Ourense, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraron o 17 de decembro de 2025 unha nova pregunta por parlamentaria, que dicía:

“Quedan poucos días para finalizar 2025 e segue sen producirse ningunha rectificación por parte de RENFE e do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) da inxusta decisión tomada o 9 de xuño de suprimir paradas dos trens AVE na estación Porta de Galicia da Gudiña.

Desde aquela data os miles de usuarios desa estación non teñen máis alternativa matinal para viaxar a Madrid que tomar un AVLO ás 12:08 que chega á capital ás 14:08. E se queren regresar o mesmo día o último tren sae ás 18:06 para chegar á Gudiña ás 20:02. Un auténtico disparate de horarios. Irracionais, inútiles e discriminatorios para os habitantes do medio rural, pois antes do do 9 de xuño os usuarios da estación da terminal Porta de Galicia así como os de Sanabria podían subirse a un tren AVE e chegar a Madrid ás 10:34 horas e así podían realizar actividades na capital por exemplo tratamentos médicos, consultas actividades administrativas, empresariais, formativas etc. ou ben por exemplo transbordar a trens con destino a outros corredores ferroviarios ou tomar un avión en Barallas.

O ministro de Transportes e Movilidad Sostible, Óscar Puente, o 14 de decembro foi entrevistado no “Diario de Valladolid-O Mundo” respondendo tamén a preguntas sobre unha futura solución á supresión de paradas de AVE na estación de Sanabria.

O ministro seguiu co seu discurso triunfalista de que tras a supresión de dúas paradas hai un 30% máis de persoas que soben e baixan nesta estación, pero engadiu que “con todo, nós temos agora que adoptar, facer algún cambio nas comunicacións con Lugo e iso vainos a servir probablemente, e algo que anunciaremos en breve, para poder poñer unha frecuencia pronto pola mañá, sobre todo de comunicación vía alta velocidade con Zamora, que é o que máis reclaman, porque din que esa frecuencia é a que máis se utilizaba para ir ao médico, as xestións que tiña que facer a xente en Zamora, e tamén vai servir para conectar con outros servizos de alta velocidade”. E preguntado polo xornalista sobre se se refería a un tren Avant Ourense-Zamora, respondeu que:” Eu o termo Avant preferiría non utilizalo, porque o Avant ten unhas connotacións de obrigación de servizo público que non se se imos ter marxe para utilizar. Pero si que estamos a traballar nesa conexión que ao final o que fará será devolverlle a Sanabria as oito frecuencias día que tiña. Iso é no que no que estamos a traballar.”

É evidente que se finalmente RENFE e o MITMS rectifican será pola enorme presión exercida polas plataformas de usuarios e polos representantes políticos e sociais das comarcas que utilizan as estacións intermedias do corredor ferroviario de alta velocidade Galicia-Madrid e moi especialmente os da estación de alta velocidade da Gudiña-Porta de Galicia e de Sanabria.

E en consecuencia a recuperación das paradas suprimidas, de producirse mediante a implantación dunha nova frecuencia desde Lugo ou outra fórmula, deberá beneficiar tamén á estación ourensá da Gudiña onde toman os trens miles de usuarios das comarcas ourensás de Monterrei, Viana, Valdeorras, Trives, Conso-Frieiras, e A Limia; a máis diso viaxeiros das comarcas fronteirizas de Portugal.

Por todo o anterior preguntamos: Rectificará RENFE e o MITMS a inxusta decisión de suprimir desde o 9 de xuño as paradas de trens nas estacións intermedias do corredor ferroviario de alta velocidade Galicia-Madrid e moi especialmente na estación de alta velocidade da Gudiña-Porta de Galicia e en consecuencia procederá a restablecer en xaneiro de 2026 as frecuencias eliminadas?”

A RESPOSTA do Goberno chegou o 23 de febreiro de 2026:

“Renfe reforzou o pasado 9 de xuño a conexión Galicia-Madrid con novos trens, máis prazas e redución nos tempos de viaxe.

Así, a Operadora incrementou a 11 as circulacións semanais e ampliou a oferta ata alcanzar as 68.700 prazas, o que supón un crecemento do 109,3 % respecto a a oferta previa á incorporación do modelo S106 (maio de 2024). Esta mellora reflicte o firme compromiso de Renfe coa vertebración territorial e a mobilidade sostible.

Ademais, a reorganización do servizo permitiu reducir os tempos de viaxe entre 15 e 22 minutos, mellorar a puntualidade e ampliar a oferta de servizos AVLO, o que se traduce en máis opcións, mellores prezos e unha experiencia de viaxe máis competitiva para os cidadáns.

Publicacións Relacionadas