HomeOurenseO acendido das luces de Nadal requirirá pechar ao tráfico un treito...

O acendido das luces de Nadal requirirá pechar ao tráfico un treito da rúa do Progreso o venres 5 desde as 12.00 horas

- Anuncio -spot_img

O acto de acendido das luces de Nadal fará necesario pechar ao tráfico un treito da rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada á Praza de Abastos, o venres, 5 de decembro, desde as 12.00 horas até que rematen as actividades previstas (en torno ás 21.30 h).                

Até as 18.30 horas, os vehículos procedentes do Xardín do Posío poderán circular pola baixada ao mercado municipal e acceder a Parada Justel cara a Xoán XXIII. Desde as 18.30, pecharase tamén ao tráfico a rúa Parada Justel.

Ademais, estará prohibido o estacionamento de vehículos na baixada á Praza de Abastos desde as 12.00 h até que rematen os actos previstos.

Autobuses urbanos

Os autobuses urbanos modificarán os seus percorridos desde as 12.00 horas.

– En sentido cara ao Xardín do Posío:

  • Desde as 12.00 h, circularán por Xoán XXIII – Rúa Concello – Bedoya – Avenida de Bos Aires – Xoán de Novoa – Pardo Bazán – Pena Trevinca.

– En sentido cara ao Parque de San Lázaro:

  • Desde as 12.00 circularán por Xardín do Posío – Baixada á Praza de Abastos – Parada Justel – Progreso (parada provisional no Inorde)  – Xoán XXIII – Parque de San Lázaro.
  • Desde as 18.30 h irán por: Xardín do Posío –  Pena Trevinca –  Pardo Bazán – Avenida da Habana – Parque de San Lázaro.

Publicacións Relacionadas