HomeOurenseO CarballiñoO alcalde do Irixo responde a Valedora do Pobo e os socialistas

O alcalde do Irixo responde a Valedora do Pobo e os socialistas

- Anuncio -spot_img

O ALCALDE DO IRIXO responde A VALEDORA DO POBO e os socialistas dando acceso a maioría da información solicitada o pasado mes de agosto de 2022 e reclamada pola Valedora do Pobo, para despois das eleccións do próximo 28 de maio de 2023.

O alcalde Manuel Cerdeira ven de responder fai uns días os socialistas e a Valedora do Pobo dando acceso a distintos expedientes nas seguintes datas:

“- Expediente completo de ”Compra-venta de castañas anos 2020 e 2021”.

Acceso ó expediente completo en data 30 de maio de 2023 en horario de 09 a 14 h.

  • Expediente completo e documentación relacionada coa Marca Irixo, a Tenda da Marca Irixo, coa relación de gastos e ingresos, facturas de gastos e ingresos, contratos asinados, convenios e subvencións dende a súa posta en marcha ata a actualidade.

Acceso ó expediente completo en data 30 de maio de 2023 en horario de 09 a 14.

  • Expediente completo da Feira do Tellado e da Festa do Cabalo do ano 2022, coa relación de gastos e ingresos e a relación de facturas e subvencións de ser o caso.”

Acceso ó expediente completo en data 1 de xuño de 2023 en horario de 09 a 14 h.

-Expediente ou expedientes completos da programación e/ou concertos, actuacións e/ou actividades organizadas polo concello este verán 202, con relación de gastos e ingresos e relación de facturas e subvencións de ser o caso dos mesmos.

Acceso ó expediente completo en data 1 de xuño de 2023 en horario de 09 a 14 h.

-Expediente completo de contratación de persoal nos anos 2019, 2020 e 2021”.

Acceso ó expediente completo en data 6 de xuño de 2023 en horario de 09 a 14 h.

-Expedientes completos dos empadroamentos deste concello nos derradeiros 6 meses”

Conceder acceso para o día 6 de xuño de 2023, en horario de 09 a 14 h.”

O portavoz socialista Iago Fariñas Valiña, lamenta unha vez máis os enganos e as trampas de Manuel Cerdeira que confirma cas súas actuacións a súa falta de transparencia e que TEN UN PROBLEMA GRAVE NO RESPETO A DEMOCRACIA, AS INSTITUCIÓNS, A LEI, E OS DEREITOS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN.

Lamentan os socialistas que o Irixo teña neste momento O PEOR ALCALDE DA SÚA HISTORIA, UNHA MALA PERSOA QUE A SOBERBIA LLE CEGA O SENTIDO.

Publicacións Relacionadas