Home Ourense O alcalde abre vías de colaboración de Ourense coa Viagem Medieval, unha...

O alcalde abre vías de colaboración de Ourense coa Viagem Medieval, unha das maiores feiras medievais de toda Europa

- Anuncio -

Case medio millón de persoas pasaron por este evento, que se desenvolve na cidade portuguesa de Santa María da Feira

Gonzalo Jácome reuniuse co seu homólogo portugués Emídio Sousa para avanzar en cooperacións principalmente en actividades artisticas e de festexos, coa feira medieval de Ourense no punto de mira

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou a última edición da feira VIAGEM MEDIEVAL, que se desenvolveu na cidade portuguesa de Santa María da Feira, onde foi recibido polo seu homólogo, Emídio Sousa, presidente da cámara municipal. Jácome e Sousa falaron de cooperacións artísticas e festexos principalmente, no despacho do rexedor portugués. Posteriormente compartiron xantar.

Estímase que preto de medio millón de persoas pasaron desde o día 3 ao 14 de agosto por esta Viagem Medieval, cunha media de 40.000 persoas cada un dos últimos 12 días; unhas cifras que a converten nunha das máis grandes de Europa na súa especialidade.

Os alcaldes de Ourense e Santa María da Feira falaron de posibles colaboracións futuras, en especial coa feira medieval de Ourense do próximo ano 2023, do mesmo xeito que Ourense xa colabora con outra localidade portuguesa, neste caso Montalegre, e a súa celebración da Noite de Bruxas, para o Halloween 2022 de Ourense, que se desenvolverá o próximo 31 de outubro.

O alcalde de Ourense repite visita a Santa María da Feira. A primeira fora en 2019, nun evento que volvía este ano tras dous en que non se puido levar a cabo pola pandemia.

O presidente da cámara municipal comprometeuse a devolver a visita no vindeiro mes de novembro, coincidindo coa celebración dos Magostos de Ourense.

O alcalde foi acompañado na súa visita a Santa María da Feira polo concelleiro ourensán Antonio Fernández Martín. Na reunión tamén participou o concelleiro de turismo da cidade portuguesa.

Relacionadas

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a todos os...

0
Esta campaña de promoción, a través do traballo do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade...

Cortes de tráfico na rúa Santo Domingo pola execución de obras, desde mañá até...

0
A rúa Santo Domingo estará pechada ao tráfico de vehículos desde o acceso pola rúa Concordia, o martes, 23 de abril e o mércores,...

Preto de 400 cicloturistas percorren a Baixa Limia na “Ourense Strade Termal”

0
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe no Balneario Caldaria de Lobios, no corte de cinta que daba...

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

Publicacións Relacionadas