O alcalde amosa o seu apoio ao comité de empresa de Faurecia en Ourense

adminON
Lectura mínima de 1

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello o comité de empresa da factoría de Faurecia en Ourense. Escoitou a situación problemática e de incerteza que atravesa o persoal da fábrica ourensá, tras ser coñecedor das  previsións de falla de carga de traballo, que temen que se concrete nos próximos anos.

Durante o encontro, o  rexedor trasladoulles o seu apoio e o do goberno municipal ante o incerto futuro da empresa e dos postos de traballo en Ourense. Pérez Jácome manifestou o seu compromiso cos empregados e a súa disposición a colaborar na busca de solucións e posibles investidores que contribúan a garantir a estabilidade laboral na cidade

Comparte este artigo