Home Ourense O alcalde asistirá á feira internacional Municipalia para coñecer as novidades do...

O alcalde asistirá á feira internacional Municipalia para coñecer as novidades do sector de equipamentos e servizos municipais

- Anuncio -

Delega por 2 días as súas funcións no tenente de alcalde Armando Ojea

Armando Ojea será alcalde en funcións do Concello de Ourense mañá, mércores día 20, e pasado mañá, xoves día 21 de outubro. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, delegará as súas funcións no tenente de alcalde durante estas dúas xornadas nas que se desprazará á localidade catalá de Lleida para asistir á feira internacional de equipamentos e servizos municipais, Municipalia. A finalidade desta visita é coñecer de primeira man as últimas novidades do sector coa finalidade de mellorar a dotación de recursos de diferentes servizos municipais. Tamén por este motivo, a sesión ordinaria da xunta de goberno local, que habitualmente se celebra os xoves, terá lugar esta semana o venres, 22 de outubro, mantendo o seu horario habitual, as 08.30h.

Municipalia, Feira internacional de equipamentos e servizos municipais, é un evento que se desenvolve desde o día 19 ao 21 de outubro cunha ampla participación de compañías referentes do sector, empresas innovadoras e gran variedade de xornadas técnicas. O seu obxectivo, explica a organización, é “achegar solucións para optimizar a xestión municipal, con propostas pioneiras e sostibles para o progreso das cidades e para a rendibilidade dos investimentos. A mostra reúne 300 expositores cunha superficie total de exhibición de 21.500 metros cadrados e un programa que inclúe máis de 40 actividades paralelas.

O alcalde acudirá á feira acompañado de persoal funcionario, xefe de Servizo de Medio Ambiente e dúas persoas do seu gabinete.

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas