O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome asistiu este mediodía á clausura e entrega de diplomas ás nenas e aos nenos que participaron no segundo “Mini Maker Club”, organizado polo Concello. Durante dous días, 25 escolares de 8 a 11 anos realizaron actividades formativas relacionadas coas novas tecnoloxías, como iniciación ao diseño e á impresión 3D con fabricación aditiva, experimentos con electrónica interactiva, emprender e xerar os seus propios videoxogos por equipos e realidade virtual. A actividade desenvolveuse na Escola de Informática do Campus de Ourense.
Os Mini Maker Club forman parte do Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores, que desenvolve o Concello desde o Servizo de Formación Ocupacional, Desenvolvemento Local e Promoción Económica.
Este proxecto foi aprobado no marco do Programa Operativo Interreg V-A España Portugal (POCTEP), área de cooperación 1- Galicia-Norte de Portugal, e cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).